O pasado 24 de febreiro conmemoramos o aniversario de Rosalía coa realización de diversas actividades:
No día de San Valentín, despois de traballar a Lenda de San Valentín recitamos o poema titulado "Só por hoxe".
Na primeira semana do mes de febreiro o alumnado de 6º curso de Ed. Primaria realizou un novo concurso de animación á lectura sobre a obra de Breogán Riveiro titulada "Tonecho de Rebordechao".
Esta obra recibiu o Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña. O libro conta as aventuras dun neno: Tonecho, o único pequeno da súa aldea. Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques. Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de to
O venres, 5 de febreiro, celebramos no colexio a Festa do Entroido. Nela participou toda a comunidade educativa, cunha ampla presenza dos familiares do noso alumnado, o cal é de agradecer.
Este ano, cada curso, disfrazouse dunha temática diferente, relacionada co traballo que se está a desenvolver no PDI "Galicia arrecende a aventura"... tivemos aprendices de cociñeiros, traxes típicos de Galiza, camiñantes con destino Compostela, avoiñas menciñeiras, guardiáns da educación vial, as aventuras de don Quixote e a súa "trupe" e pescantíns troiteiros.
Previamente, e para coller forzas, degustamos as exquisiteces que as nosas nais e avoas prepararon con tanto agarimo para todos nós...
...que rico estaba todo!!!
Na seguinte galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos.
(Se tedes conta en Google, podedes engadir as vosas imaxes a esta Galería)
O xoves, 4 de febreiro, o alumnado de 1º curso de Ed. Primaria participou na celebración do xoves de comadres que organizou a Concellería de Educación e animou a fabulosa "Sabela". Nas semanas previas, realizamos un obradoiro de elaboración de comadres e compadres que se desenvolveu na biblioteca do centro.
Foi unha mañá moi especial xa que a maioría dos asistentes do noso centro era a 1ª vez que participaban nesta festa que abre o Entroido en Ourense. Pasámolo xenial, a pesar de que ningún de nós conseguiu salvar a súa comadre... todas acabaron escachizadas nas no solo da Praza Maior de Ourense.
A prensa recolleu a nova nas súas edicións:
Para o próximo ano volveremos!!!
O último venres de xaneiro, víspera do domingo oleiro, as Pitas de Eiroas cordinaron o xogo das olas no noso colexio. Previamente, tivéramos un obradoiro onde nos explicaron a orixe da Pita de Eiroás e asemade nos amosaron como decorar as olas coas que posteriormente íamos xogar.
Este ano, unha nova cor pendurará do broche da Pita e 2016 será a VERDE CLARA, coa que queren facer fincapé na defensa do ensino público, despois de ter sido unha das propostas de cor nos últimos anos e ante a continuidade dun modelo que semella ir encamiñado cara a precarización dos servizos públicos e de calidade.
No desenvolvemento da actividade participaron tres Pitas de Eiroás e todo o alummado e profesorado do centro. Esta resultou ser moi entretida para todos os participantes. A pesar de que había un bo número de olas, estas resultaron insuficientes debido á aceptación e entusiasmo que amosaron os participantes no xogo.
Na galería de imaxes podedes observar o ben que o pasamos...