O 20 de decembro celebramos o Festival de Nadal no Salón de actos do IES As Lagoas a cuxo equipo directivo e persoal laboral queremos agradecer as atencións que desinteresadamente tiveron connosco.
Tamén é de agradecer a gran afluencia de público que tiveron os nosos alumnos e alumnas así como o seu comportamento ao longo de toda a función. Esperamos que nos perdoaran os posibles erros cometidos no desenvolvemento da mesma.
Nas seguintes ligazón tendes acceso ás diferentes actuacións.
O traballo filatélico realizado polo alumnado de 3º de Ed. Primaria do noso cole está exposto no edificio de correos de Monforte de Lemos para fomentar e dar a coñecer a oficialidade do Camiño de Inverno a Santiago.
Asemade, en dita actividade presentouse a tarxeta prefranqueada e o mataselos que se editaron para conmemorar dita oficialidade.
Moitos parabéns polo traballo realizado!!
A Concellería de Educación celebrou o Nadal cos alumnos e alumnas máis cativos e que mellor forma que levando a cabo un concerto que ten por nome "Estación Nadal" a cargo do recoñecido grupo "Mamá Cabra".
As profes dixéronnos que só hai 4 estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hai una máis e chámase Estación Nadal.
É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida.
Mamá Cabra quixo cantarlle á Estación Nadal. Escribíronlle unha carta aos Reis Magos e eles contestaron. Pediron unha morea de cousas, entre outras, que o recreo dure máis tempo. E todo iso, cantando. A que presta a Estación Nadal?
Foi espectáculo cheo de diversión no que houbo moitas sorpresas…
Pasámolo xenial!!!
O alumnado de 3º de Ed. Primaria recibiu un Diploma de participación na XXVI Exposición San Martiño, pola súa colección filatélica sobre o "Camiño de Inverno" a Santiago.
MOITOS PARABÉNS!!
O polifacético escritor Fran Alonso adicounos nas VII Xornadas de bibliotecas escolares de Galicia que se desenvolveron no mes de novembro en Santiago de Compostela, o último dos seus traballos destinado ao público infantil: "Poemas birollos para ler cos ollos".
O alumnado de 6º curso, como mostra de agradecemento pola súa atención, dedícalle un poema recitado desde o recanto de lecer da nosa biblioteca... esperamos que lle guste.
Nova na páxina de Edicións xerais
A editorial Xerais publicou na súa web unha nova sobre a interpretación que fixemos do poema de Fran Alonso.