Maio 2023

Celebración das Letras Galegas 2023

Para celebrar as Letras galegas 2023 na que se homenaxea a Francisco Fernández del Riego destacamos as seguintes actividades realizadas no noso centro:

  • Compilación de materiais para empregar no aula polo alumnado.
  • Realización dun vídeo sobre a nosa lingua.
  • Kamishibai sobre a vida e obra de Rosalía.
  • Actividade de percusión.
  • Baile da Muiñeira de Chantada.
  • Diversas actividades de aula.

Degustación de produtos da nosa horta escolar

O 23 de maio realizamos unha merenda saudable a base de produtos recollidos na nosa horta escolar, e na que participou todo o alumnado e profesorado do centro.

Como a colleita está sendo moi boa, debido aos coidados cos que mantemos a nosa horta, en breves, seguro que realizamos outra merenda con máis variedade de produtos.

Estaba todo boísimo!!

Club de lectura de 4º de Ed. Primaria

Ao longo do curso 2022/2023 o club de lectura de 4º de educación primaria formado por 12 nenos e nenas traballou os seguintes libros:

1º trimestre:

  • LIBRO 1º: A Señorita Bubble  de Ledicia Costas da editorial Xerais

O libro foi traballado ao longo do 1º trimestre do curso escolar 2021/2022 e conta a historia dunha muller inventora e diferente que chega a unha vila nova.

  • LIBRO 2º: Peligro Vegetal de Ramón Caride da editorial Anaya.  

O libro foi traballado nos meses decembro, xaneiro e febreiro do curso escolar 2022/2023 e conta a historia de dous irmáns que viaxan no tempo para buscar información sobre unha planta que pode acabar coa fame no mundo.

2º trimestre:

  • LIBRO 3º: Diario de Greg 17 Dando la nota de Jeff Kinney da editorial Molino.  

O libro foi traballado nos meses  de marzo e abril do curso escolar 2022/2023 e nel Greg cóntanos as aventuras que lle acontecen ao seu irmán Rodrick cando quere formar unha banda de rock.

3º trimestre:

  • LIBRO 4º: A pequena compaña  de Carlos Labraña da editorial Embora. Esta divertida e máxica obra de teatro foi gañadora do VIII Premio Estornela de Teatro.

 

A pequena compaña

O libro A pequena compaña, é unha obra teatral, escrita por Carlos labraña Barrero e editado por Edicións Embora. O libro traballouse durante o mes de maio e xuño.

A pequena compaña conta a historia de como ao anoitecer, o mundo dos vivos vaise achegando ao dos defundos, e as ánimas que aínda non atoparon acougo roldan perdidas polos camiños. Xoaniña, Soldadiño, Pedichón e Medusquiñas, que viven gorecidos nunha casa rexentada por unha misteriosa anciá, nunca escoitaran esta historia. Todos Isto cambia coa chegada de dúas personaxes que os obrigarán a fuxir, emprendendo unha viaxe emocionante por unha terra poboada de seres mitolóxicos. Así, xuntos, nunha Pequena Compaña, os rapaces tentarán chegar sans e salvos ás marabillosas Illas do Alén.

Actividade 1: Lectura

  • Lectura colectiva en voz alta.

Actividade 2: Análise das personaxes

  • A presentación das 16 personaxes. Medusquiñas, Pedichón, Soldadiño, Avoa, Xigantón, Xoaniña, O cociñeiro marrán, Chuchona, Papón, Trasniño, O Can cérbero, Espectador, A coca de redondela, Rocha 1, Rocha 2, Os teixos ascentrais e O barqueiro do Alén.

Actividade 3: Traballo de contidos da área de lingua

  • O texto serviu como práctica para traballar os contidos que estabamos dando na aula nese momento: os verbos (tempos verbais, conxugacións), pronomes, tipos de oracións e o estilo teatral.

Actividade 4: Ilustración

  • O alumado realizaron debuxos das personaxes en diferentes situación e con diferentes calidades, o que nos permitiu afondar nos contidos relacionados cos adxectivos. Unha vez rematado dito traballo cada un dos alumnos/as realizou en A3 escenas da obra A pequena compaña, o que nos permitiu converter a obra de teatro nun conto que nos permitiu amosar e contar ao resto do alumnado co noso Kamishibai.  

Actividade 5: Conclusión/valores

  • Despois da presentación da obra de teatro aos nenos máis pequenos fixemos a nosa valoración para saber se lles gustou ou non o noso traballo.

 

7 reporteiros e un periódico

No último trimestre, no Club de lectura de 3º de Ed. Primaria traballamos co libro "Siete reporteros y un periódico" de Pilar Lozano Carbayo.

Alejandro, un rapaz de once años, quere  dirixir un xornal na súa escola. O problema radica en que non ten reporteiros ni diñeiro para poñelo en marcha...
Unha historia sobre a forza de vontade e a superación de dificultades.

Coma en anteriores ocasións, unha vez rematada a lectura do libro realizamos un concurso de animación á lectura do que podedes ver as imaxes na seguinte galería.

A illa do Tesouro

O alumnado de apoio de 5º de EP. estivo traballando a novela "La isla del Tesoro" Un clásico de R.L. Stevenson pero cunha versión de David Fernández e adaptación en lectura fácil que disfrutaron un montón.

Un grupo de aventureiros van na búsqueda dun tesouro enterrado nunha illa por un vello pirata.  A novela, narrada en primeira persoa por o xove mariñeiro Jim Hawkins, contén todos os ingredentes dun libro de aventuras: unha expedición a terras  de lonxe e descoñecidas, perigos, piratas e un tesouro escondido.

Unha vez rematada a lectura da novela, rematamos coa realización dun xogo de busca do tesouro e co tesouro nas súas mans.

O curso que ven máis !!!!!

Unha maleta mariñeira


Ás veces, chegan mensaxes misteriosas nunha botella, outras, como neste caso, chegan maletas cheas de libros sobre os nosos mares e océanos.

Foi polo mes de febreiro cando recibimos no centro a exposición itinerante “Coidando o noso mar” prestada polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) na Coruña, así como as redes e as nasas que os/as nosos mariñeiros/as usan a cotío no seu labor nas Rías Baixas. http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelsueiro/node/2078

RÍAS ALTAS e RÍAS BAIXAS XUNTAS NO CEIP MANUEL SUEIRO!

As/os peques de Infantil achegáronse á beira do noso mar para descubrir eses libros con historias que nos achegan á inmensidade e tamén á fraxilidade dos nosos mares.

As/os alumnas/os de 4o E.P., como parte do proxecto documental sobre os mares, mergulláronse nese océano de libros achegándose aos seres vivos que os habitan.

DESFRUTEMOS E COIDEMOS OS NOSOS MARES!

A Lazy Ladybird!


As nenas e nenos de E. Infantil seguiron as andanzas de Lucy, a very lazy ladybird sen gañas de voar. Pero todas elas e eles, despois de escoitar o conto, decidiron que xa era tempo de que a ladybird botara a voar.

Nesas estabamos cando decidimos percorrer o xardín da escola e amosarlle o noso horto.

Non foi un voo moi longo, pero a ladybird descubriu o pracer de voar en liberdade.

FLY LADYBIRD FLY!

ODS 15: Conservación de ecosistemas

ODS 15 : CONSERVACIÓN DE ECOSISTEMAS

Os alumnos de 5º  de E. Primaria fixeron unha aproximación ao que era a axenda  20-30  a través da visualización do vídeo: “A AXENDA 20-30 e os obxectivos de desenvolvemento sostible

MELLORANDO O NOSO “ECOSISTEMA” ESCOLAR

Comezaron a preguntarse polo seu entorno e decidiron que había determinados aspectos do seu centro que podían mellorar. Para iso fixeron carteis que animaban a toda a comunidade educativa a reciclar, manter limpo o patio, respectar as especies vexetais...

INVESTIGANDO OS PROBLEMAS PROPIOS DOS ECOSISTEMAS

Os incendios, o envellecemento da poboación, o abandono rural,  a crecente poboación de xabaríns... foron algúns dos problemas que atoparon os alumnos de 5º de primaria ao analizar o entorno das súas casas e aldeas.

A partires dunha nova sobre os paseos nocturnos dos xabaríns por Ourense fíxose unha chuvia de ideas sobre as posibles causas deste feito tan sorprendente como frecuente. O alumnado encontrou rapidamente a relación entre a despoboación e o desequilibrio nos  ecosistemas do ámbito rural e interurbano.

Tamén se  aproveitou a nosa participación no plan proxecta “Aliméntate ben”: “Ti sí que es un bo peixe!” para investigar sobre os problemas aos que se enfrontan os ecosistemas mariños: sobrepesca, contaminación, cambio climático...

Cada alumno investigou un aspecto concreto e buscou novas en diferentes medios sobre este tema, escribiron as súas conclusións que formarán parte do noso mural en proceso de creación.

UNHA POSIBLE SOLUCIÓN: A AGRICULTURA SOSTIBLE!

Unha forma de manter o equilibrio nos ecosistemas é apostar pola agricultura sostible e a produción propia de alimentos, reducindo así o consumo e o transporte coa implicación que significa en canto a redución de emisións de CO2. Para iso puxemos en marcha a nosa horta escolar: preparamos a terra, conseguimos diferentes hortalizas, plantamos, regamos, quitamos herbas, colocamos carteis co nomes dos noso cultivos... e agora toca esperar a probar os alimentos.

Para o vindeiro curso procuraremos facer compost cos restos orgánicos das nosas merendas e así devolverlle a terra parte do que ela nos dá.


 MURAL DE CONCIENCIACIÓN


Estrela... fugaz?

Outro dos libros traballados foi Estrela fugaz de Carlos Labraña Barrero e publicado pola Ed. Galaxia.

No mes de maio cada alumno quedouse cun personaxe do “conto” e todos xuntos dramatizámolos na aula.