DREAMS no Club de Lectura

DREAMS no Club de Lectura

O Club de Lectura Sueiriños/as, adicouse no mes de xaneiro a ter soños. En cada unha das reunións lemos e soñamos, reflexionamos e soñamos.

Todos os nosos soños naceron da frase I HAVE A DREAM pronunciada polo Premio Nobel da Paz, Martin Luther King no seu máis famoso discurso.

Pasa o tempo e seguimos precisando igualdade, respecto, non violencia. Ningunha segregación, sexa por raza, sexo, relixión, ideas, ..., ten cabida no noso club de lectura, e por extensión, no noso cole.

A lectura elixida foi “THE WORLD’S GREATEST HEROES! Martin Luther King, Jr.”. A lingua inglesa foi a protagonista, somos un centro plurilingüe e no noso club de lectura as tres linguas do centro conviven en igualdade.

O formato elixido foi a banda deseñada. A proposta das Bibliotecas Escolares de Galicia para este curso, “Unha biblioteca escolar en viñetas”, pareceunos a máis axeitada para introducir no club de lectura a conmemoración do día da Paz e non violencia.

No Club de Lectura Sueiriños/as,

WE ALL HAVE A DREAM!