Skip to Content

CONTACONTOS - SABELA GAGO

Álbum: CURSO 2023-24 -> CONTACONTOS SABELA GAGO

TOLEMIAS IMAXINABLES EN DIRECTO

Álbum: CURSO 2023-24 -> TOLEMIAS IMAXINABLES

TOLEMIAS IMAXINABLES 6_ESPECIAL FIN DE TRIMESTRE

 Novo programa en directo do alumnado de 4º, programa especial de fin de trimestre. Falamos das últimas novas do cole, efemérides do mes de marzo e moito máis. Por suposto entregamos os premios do concurso da radio e quedamos encantados, animádevos a participar para a próxima edición.

Agora a disfrutar do programa e das vacacións, o traballo está feito. Adeuuuuus!!!!

DIA DA MULLER TRABALLADORA 8M

Programa especial para celebrar o día da muller traballadora. O alumnado de 4º de primaria preparou un programa cargadiño de noticias, actualidade, entrevistas e información...
Escoitade atentamente que tamén hai pregunta para o concurso.

Adiante coa RADIO ARRABAL!!!!

 

Portada » Galegas8m

8M. DÍA DA MULLER

Polo 8 de marzo, día da muller, as nosas nenas e nenos compartiron os seus debuxos dos traballos das súas nais. Moitas grazas ás familias por axudarnos a visibilizar os traballos das mulleres de Oia. Se premedes na imaxe, atoparedes as fichas da búsqueda do tesouro que realizaron as nenas e nenos de 6º EP para que participase todo o colexio. 


RESERVA PRAZA PARA O CURSO 24-25

A continuación publícase a oferta dos postos escolares para novo alumnado dentro do curso 2024 - 2025. O prazo será dende o 1 de marzo ata o 20 do mesmo mes. Deixámosvos o link a sede electrónica onde poderedes realizar o trámite online, se así o preferides, e conseguir os impresos a cumplimentar. 

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

 

ENTROIDO 2024

Este venres, 9 de febreiro, celebramos o Entroido todxs xuntxs no cole. Comemos lambonadas típicas deste tempo e para baixar tanta caloria, fomos bailar e disfrutar desta tradición tan querida. Por mor do mal tempo houbo que suspender o desfile polas rúas do Arrabal e as familias non poideron asistir. Quedamos no pavillón e aquí tedes unhas fotos para o recordo.

Álbum: CURSO 2023-24 -> ENTROIDO 2024

XA VEÑEN OS REIS

Xa veñen os reis, cargadiños de agasallos e boas novas para o ano que ven.

No cole de Oia apareceron por sorpresa as súas maxestades e deixaron un cargamento de ilusión. Por iso queremos agrader á corporación municipal que se preocupara de avisalos e facilitarlles a súa viaxe. Grazas á alcaldía pola súa colaboración nesta sorpresa.

Xa sabedes portarvos ben e non deixedes de celebrar nestas vacacións. BO NADAL!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut