Skip to Content

AVÓ DEIXA DE RONCAR QUE CHEGOU O NADAL

Aquí tedes o video onde aparece todo o alumnado do cole celebrando a chegada do Nadal. Foi un festival estupendo e ao final o avó despertou.

BO NADAL A TODAS!!!

 

POLO SAN MARTIÑO XOGOS AO CAMIÑO

Magosto en Galicia - Pazo de Sedor | Turismo Rural Galicia

A pesar das inclemncias do tempo, fixemos o MAGOSTO no colexio.

O alumnado de sexto de primaria, axudado polos profes, dirixiron unha marabillosa xornada de xogos populares.

Como tivemos que pasar por seis estacións e o tempo era limitado quedamos con ganas para repetir o ano que ven.

Feliz SAN MARTIÑO!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> MAGOSTO xogos

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA SOS TOMIÑO

Esta foi a nosa colaboración na recollida de leite e cacao dende a comunidade educativa. Moitas grazas a SOS Tomiño polo seu traballo!

INFORMACIÓN EDIXGAL PARA AS FAMILIAS DE 5º E 6º EP

Queridas familias de 5º e 6º de EP, premendo na seguinte imaxe poderedes acceder a toda a información do programa EDIXGAL. 

ACTUACIÓN DO 1º DÍA DE CURSO 2023 - 2024

Comezamos o novo curso escolar este luns con máis motivación grazas ao espectáculo do grupo Teatro do Ar. 

 

 

COMEZA O CURSO 2023 - 2024!

Arranca o curso 2023 -2024! Pulsando na seguinte imaxe poderedes acceder a toda a información da reunión inicial coas familias (agora xa coa información das horas de reunión para titorías correxida, desculpade!).

 

ENCARGADO DE COMEDOR

 

*Prazo de entrega mediante o correo electrónico do 5 de xullo ata o 4 de setembro (ata ás 12h).

ceip.mestre.manuel.garcia@edu.xunta.gal

 

*Prazo de entrega na secretaría do centro 1 e 4 de setembro (ata ás 12h).

 

SOLICITUDE DE PRAZA PARA O ALUMNADO NO COMEDOR ESCOLAR

Informamos que está aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar para este curso 2022-2023.

Pregamos achegar, canto antes, a solicitude coa correspondente autodeclaración para facilitar a organización e determinar a gratuidade ou custo do servizo.

Pódese descargar o impreso premendo no seguinte enlace:

 

*Prazo de entrega mediante o correo electrónico do 5 de xullo ata o 31 de agosto.

ceip.mestre.manuel.garcia@edu.xunta.gal

 

*Prazo de entrega na secretaría do centro do 1 ata o 7 de setembro.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut