Skip to Content

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

 O alumnado de 1º e 2º de primaria emprega libros funxibles. Dependendo da renda poden recibir un vale de 240€, un vale de 160€ ou nada. Debedes encargalos na librería ata o día 25 de xullo, xa que os libros de matemáticas veñen dende Tenerife e se reciben todos xuntos nun envío durante agosto.

O alumnado de 3º e 4º de primaria emprega libros do fondo que hai no centro. Dependendo da renda poden recibir o lote enteiro de 6 libros, medio lote de 4 libros ou ningún. No caso de recibir 4, debedes mercar os libros de CCNaturais e CCSociais. O caderno de inglés é funxible polo tanto todo o alumnado ten que mercalo.

O alumnado de 5º e 6º de primaria dispoñen do programa Edixgal e de libros de consulta na aula.

 

 

VALES AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

VALES DE LIBROS E MATERIAL

Informamos que xa están dispoñibles os vales de libros e material escolar concedidos pola Consellería para aquel alumnado beneficiario.

O horario de recolliada no centro será mércores 28, xoves 29 e venres 30 de xuño de 12:00h a 14:00h.

GALA ALUCINE! 22/23

 

 

 

 

 

Álbum: CURSO 2022-2023 -> gala ALUCINE

GRADUACIÓN 6º EI e 6ºEP

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Graduación 23

Radio Arrabal con Arbricias e Helen & Shanna

Chegou o último programa deste curso 2022-2023. 

Radio Arrabal despídese ao grande cun programa en directo que conta coa presenza de tres invitados moi especiais: Arancha Brandón, Arbricias de nome artístico, directora de cine nacida na Guarda acompañada pola música de Helen & Shanna, interpretada por dous dos seus integrantes (Óscar e Alberto).

Radiooíntes, boas vacacións e bo verán! 

 

LETRAS GALEGAS ~ 2023

Neste ano de cine, facemos entrega dunha revista escolar de película. 

Collede os flocos de millo e a gozar!!

RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS PARA O CURSO 24/25

Para o alumnado de 6º de EP que desexe continuar os estudos no centro adscrito IES PRIMEIRO DE MARZO en Baiona.

  • O prazo de presentación de solicitudes será dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.
  • Poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva de maneira telemática na aplicación "ADMISIÓN ALUMNADO" ou entregando o impreso na secretaría deste centro.

 

                         

O alumnado que desexe solicitar praza noutros IES deberá facelo no periodo de admisión previsto para marzo. 

 

MATERIAL ESCOLAR 23-24

 

Clicando en cada unha das mochilas poderedes acceder aos materiais necesarios para cada un dos cursos:

     

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut