Skip to Content

6º primaria

PROGRAMA ESPECIAL NADAL

Ola de novo OIADORES:

Hoxe serán as nenas e nenos de sexto as que nos sorprendan co derradeiro programa do ano. Trátase dun programa moi navideño no que contan celebracións do nadal que se fan noutros paises do mundo. Esperamos aprender moito das costumes doutros paises. 

Bo Nadal a todxs e xa sabedes, portarvos moi ben que Papá Noel está cerca, biquiñoooooos!!!!

O NADAL NAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS

Aquí tedes unha nova entrega da radio arrabal. Esta vez é o alumnado de relixión de 6º que estivo investigando sobre o nadal nas diferentes comunidades autónomas da península ibérica. Resumiron todo nun fantático podcast que esperemos que vos guste. Adiante co programa!!!

 

POLO SAN MARTIÑO XOGOS AO CAMIÑO

Magosto en Galicia - Pazo de Sedor | Turismo Rural Galicia

A pesar das inclemncias do tempo, fixemos o MAGOSTO no colexio.

O alumnado de sexto de primaria, axudado polos profes, dirixiron unha marabillosa xornada de xogos populares.

Como tivemos que pasar por seis estacións e o tempo era limitado quedamos con ganas para repetir o ano que ven.

Feliz SAN MARTIÑO!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> MAGOSTO xogos

PRIMEIRO PROGRAMA D@S "OIADOR@S" DE 6º

 Escoitade o primeiro programa da clase de sexto de primaria e atoparedes uns podcast sorprendentes. Falamos do inicio do curso, do xadrez, animais exóticos, o samaín e un video xogo. Disfrutade da fin de semana escoitando o noso programa.

GRADUACIÓN 6º EI e 6ºEP

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Graduación 23

PROGRAMA # 13

Aquí tedes este decimo terceiro programa, o último deste curso. Ven cargadiño de interesantes contidos científicos, deportivos, educativos e unha maravillosa entrevista ao noso profe Elías. Disfrutade do programa e nos vemos polas ondas!!!

 

VOLEY BALL XOGADE

Neste trimestre o traballo de educación física está basado en REDES E RAQUETAS. A través do programa XOGADE recibimos a Santi, técnico de balonvolea, que nos ensinou técnica, táctica e cooperación a través deste bonito deporte.

Tamén temos un paquete de raquetas e pelotas que nos cedeu a Federación Galega de Tenis. Estamos utilizando este material para practicar e xogar ao tenis.

ADIANTE CO DEPORTE!!!

V CONCURSO PODCAST RADIO NA BIBLIO (2ª parte)

Ola nenos e nenas, hoxe temos un novo programa da RADIO ARRABAL e con este xa van 12, unha ducia.

Seguimos homenaxeando a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO polo día das Letras Galegas, esta vez escoitaremos os podcast que non foron seleccionados para o CONCURSO DA RADIO NA BIBLIO. Pois imos aló, adiante coa radio!!!

V CONCURSO PODCAST RADIO NA BIBLIO

Bos días rpazas e rapaces, hoxe na RADIO ARRABAL temos os tres podcast finalistas do V Concurso da Radio na Biblio. As nenas e nenos de 3º, 5º e 6º fixeron un traballo excelente e agora toca escoitar o resultado. Empezamos por escoitar O cego de Pumardedón, Curiosidades sobre Francisco Fernández del Riego e Da dorna á pesca de arrastre. En próximos programas escoitaremos o resto das gravacións.

Adiante coa RADIO ARRABAL!!!

Convocatoria del programa Radio na biblio para el curso 2021/22 |  Consellería de Cultura, Educación y Universidad

 

PROGRAMA DEZ E FIN DE TRIMESTRE

Programa número dez da radio arrabal, este mes de marzo adicado as mulleres. Celebramos coas nosas seccións do programa o 8 de marzo, día internacional da muller. Ler e crecer, Mastercher, A túa música e Descricións de inglés, todas adicadas as mulleres e a súa aportación ao mundo da literatura, das artes e a música e do mundo da cociña. 

Disfrutade das vacacións de primavera e deste estupendo programa, Adeuuuuus!!!!

 

Maruja Mallo: independiente por naturaleza y por convicción – Adopta una  autora

Distribuir contido


by Dr. Radut