Skip to Content

6º primaria

DÍA DA MULLER - 8 MARZO

Programa número nove da radio arrabal, este mes de marzo adicado as mulleres. Celebramos coas nosas seccións do programa o 8 de marzo, día internacional da muller. Non me tomes o pelo, cinematografic, videoxogos e famosas do arrabal todas adicadas as mulleres e a súa aportación ao mundo da ciencia, das artes e dos xogos. disfrutade da fin de semana de deste estupendo programa, Adeuuuuus!!!!

 

 

BICIS XOGADE

Repetimos, en colaboración co club ciclista TEAM OIENSE, as xornadas de bicicletas no colexio. Participaron as nenas e nenos de 4º, 5º e 6º. Empezamos o venres, coincidindo co paso da volta ciclista a Galicia por Oia, e rematamos este pasado luns. Fixemos un circuito bastante técnico e difícil de superar sin penalizacións. Unha vez que practicamos fixemos unha pasada cronometrada. Foi xenial!!!

Moitas grazas a todas e todos por traer as bicis e compartilas coas compañeiras e compañeiros.

Álbum: CURSO 2022-2023 -> BICIS XOGADE

Entroido 2023, SOMOS INCREIBLES

Ola rapaces e rapazas, nos "os increibles" estivemos celebrando o antroido por todo Oia. Chegamos ata o eirado do mosteiro, alí comemos unha merendola e botamos uns bailes e xogos.

Qué divertido!!!!

(Pablo, Carla e Antón 6º PRI)

DÍA MUNDIAL DA RADIO NO ARRABAL

Dende o 13 de febreiro de 2011 vense celebrando, promovido pola UNESCO, O DÍA MUNDIAL DA RADIO. Onte 13 de febreiro na RADIO ARRABAL sumámonos a esta celebración coa emisión en directo dun programa especial. Especial polo seu contido e por ser no que máis alumnado interviu. As nenas e nenos de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º foron os protagonistas desta emisión. Disfrutadea e estade moi atentos para responder á pregunta do concurso. FELIZ DÍA DA RADIO e bo entroido!!!

 

DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Non hai dous sin tres, así que aí vai o terceiro programa en directo da Radio Arrabal. Esta semana adicado ao día escolar da "NON VIOLENCIA E A PAZ". Un programa con moitas seccións e moi interesantes e, por suposto, o concurso. Anímate e participa!!!

CARNET SPIDER

Empezamos o novo ano cun reto para os recreos de boulder: o carnet de spider. Para conseguilo terás que  acudir aos adestramentos de boulder polo menos 5 veces e a recompensa estará asegurada. Anímate a participar!!!

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Carnet spider

Piscina 2º trimestre

Nestre trimestre xs nenxs de 6º e 5º de primaria van a piscina de A Guarda cada martes. Alí aprenden a nadar e disfrutar ao mesmo tempo por iso están desexando que chegue o martes. Pásano xenial, están máis tempo fora do cole todxs xuntos. Aquí vos deixan uns álbums con fotos da piscina.

Están desexando que chegue o martes para coller o churro e a paleta e nadar sen parar. A auga patos!!!

(Gael, Carla, Iago e Nico de 6º de primaria)

Álbum: CURSO 2022-2023 -> Piscina 2º trimestre

PERSONAXE DA SEMANA, IRIA MISA

 

Despois de ler durante o Nadal o libro de Iria Misa, "A cidade do átomo", convidamos á autora a vir a nosa radio para facerlle unha entrevista, aquí tedes o resultado.

Foi moi divertido!!!

 

 

SEGUNDO PROGRAMA EN DIRECTO DA RADIO ARRABAL

Xa temos o segundo programa en directo da Radio Arrabal. As nenas e nenos de 5º e 6º colaboraron para facer este marabilloso programa. Aínda que con algúns problemas técnicos conseguimos emitir en directo e iso nos fai moita ilusión. Esperemos que vos guste, nós xa empezamos a preparar o seguinte. Adeus!!! Bo fin de semana!!!

PROGRAMA DIRECTO ESPECIAL NADAL

Sen darnos conta chegou o NADAL e con el o primeiro programa en DIRECTO da RADIO ARRABAL. BEEEENNN!!!

Vén cargadiño de seccións e se o escoitas ata o final terás unha entrevista sorpresa cun personaxe entrañable (jou, jou, jou).

 

 

Disfrutade das vacacións, pasade moito tempo coa familia e vémonos para o ano que vén.

FELICES FESTAS!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut