Skip to Content

Alfabetización múltiple

Novos retos, para un novo tempo

O dicionario da Real Academia Galega define o verbo transitivo alfabetizar como segue:

1.   Ensinar a ler e escribir.

O Goberno cumpriu o obxectivo de alfabetizar toda a poboación.

A definición recolle dúas destrezas básicas e imprescindibles, ler e escribir, que toda persoa ten dereito a saber e que constitúen a base da aprendizaxe ao longo de toda a vida. A escola é o espazo formal para desenvolver estas destrezas, mais na actual sociedade do coñecemento estamos na obriga de ofrecer ao noso alumnado unha alfabetización múltiple.

A alfabetización múltiple, seguindo a definición das Conclusións do Consello Europeo, do 26 de novembro de 2012, é:

un concepto que engloba tanto las competencias de lectura como de escritura para la comprensión, utilización y evaluación crítica de diferentes formas de información, incluidos los textos e imágenes, escritos, impresos o en versión electrónica, y abarca la alfabetización básica, funcional y múltiple.

Se entiende por alfabetización básica el conocimiento de las letras, palabras y estructuras textuales necesario para leer y escribir a un nivel que permita la confianza en sí mismo y la motivación para un desarrollo adicional.

Se entiende por alfabetización funcional la capacidad de leer y escribir a un nivel que permita desarrollarse y desenvolverse en la sociedad, en casa, en la escuela...

Se entiende por alfabetización múltiple la capacidad de utilizar la lectura y la escritura para producir, comprender, interpretar y valorar críticamente la información escrita.”

A alfabetización múltiple facilita ferramentas e habilidades para desenvolver capacidades de reflexión, de expresión oral, de pensamento crítico, empático e creativo logrando a plena participación na sociedade dixital, da información, do coñecemento.

A nosa escola transita a senda dunha educación acorde ao tempo no que vivimos, século XXI, tal e como se reflicte no seu Proxecto Educativo e funcional, no Proxecto Lector de Centro e outros documentos que sustentan o noso ideario de escola. Unha escola que ten como eixo vertebrador do proceso de ensino e aprendizaxe a súa biblioteca: a BE-LeoLab.

A biblioteca é recurso imprescindible en toda escola, e na nosa é unha realidade que nos esmeramos en coidar polo que reporta a nosa pequena comunidade educativa no relativo á calidade, equidade e inclusión educativa.

Dende a educación documental ata a aprender a investigar buscamos, curso tras curso, a mellora do proceso educativo do noso alumnado, o cal desenvolve un papel activo nas súas aprendizaxes.

A formación de usuarias/os, Proxecto Documental Integrado, programas e laboratorios de aprendizaxe, revalidan unha educación que persigue a alfabetización múltiple mediante metodoloxías activas nas que o libro de texto non pode ser a única fonte de consulta, de saber, e o espazo educativo non se pode cinguir exclusivamente á aula-titoría.

A nosa BE-LeoLab ofrece recursos e espazos creativos onde desenvolver aprendizaxes interpretativas que propicien un desenvolvemento competencial efectivo e afectivo, nas que a transdisciplinariedade e transversalidade son elementos clave.

As tarefas integradas que se nutren de alfabetización en información, entre outras, son a chave das programacións didácticas de aula.

  Recollamos, pois, nas nosas programacións tarefas integradas que posibiliten ao noso alumnado o pleno desenvolvemento das súas intelixencias, capacidades, habilidades, destrezas… acorde ao tempo e contexto no que medran; sen olvidar que o equipo de biblioteca, coa mestra responsable como coordinadora, están a disposición da comunidade, do profesorado que solicite apoio e asesoramento para transitar cara o paradigma educativo que nos é propio.

Distribuir contido


by Dr. Radut