Skip to Content

Catálogo

Exposicións

As exposicións nacen para divulgar e dinamizar os fondos da nosa biblioteca, para animar á lectura. Libros que recuperamos dos andeis para expoñer no corredor da biblioteca, para agasallar lecturas de calidade a toda a comunidade.

Todas as exposicións trimestrais e temáticas teñen como fin último que os libros viaxen ás aulas, ás casas... para que tod@s fagan bo uso deles e medren ao seu acubillo, favorecendo a imaxinación, a creatividade, o benestar emocional, a información... en definitiva, lectura por placer e para aprender, lecturas de vida.

Premendo no seguinte enlace accederedes ás publicacións do blog da nosa biblio ao redor de diversas exposicións:

Exposicións Leo le...

Leo le... NOVIDADES!

Cada curso escolar imos nutrindo o catálogo da nosa biblio coas novas adquisicións: narrativa, banda deseñada, poesia, información...

Premendo no seguinte enlace accederedes ás novidades recollidas no blog da nosa biblio:

Leo le... NOVIDADES!

Receitando lecturas... polo 25N!

Conmemoramos o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas e relacionamos o PDI que nos ocupa coa experimentación, a educación en valores e a lectura activa como ferramenta de construción educativa e social que facilita o cambio, celebrando, ao tempo, o 25N.

Premendo no seguinte enlace accederedes á publicación:

Receitando lecturas... polo 25N!

Leo le... SAMAÍN!

Exposición temática ao redor de exemplares diversos para este Samaín. Premer no seguinte enlace para acceder:

Leo le... SAMAÍN!

Leo le... BANDA DESEÑADA!

Inauguramos nova exposición para divulgar fondos de banda deseñada/cómic: Leo le... BANDA DESEÑADA!

A banda deseñada é protagonista das producións propias de cada aula para elaborar entre tod@s o noso Galicómic, unha marca propia que nace do PDI NÓS e que seguiremos dinamizando nos vindeiros cursos escolares.

Premendo no seguinte enlace accederedes á exposición:

Leo le... BANDA DESEÑADA!

Leo le... ENSINO!

A exposición temática Leo le... ENSINO! ten como principal obxectivo á formación continua do profesorado: lecturas imprescindibles para seguir inFORMÁNDONOS. Premendo no seguine enlace accederedes á mesma:

Leo le... ENSINO!

Distribuir contido


by Dr. Radut