Skip to Content

COLABORADORES/AS DE COMEDOR

Prezadas familias:

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamiento ao inicio de curso.

As condicións do traballo son as seguintes:

-        Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas.

-        En horario de 14,20 a 15,30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 

-        En horario de 15,30 a 16,00 faranse quendas de tres colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses ou pais ou os profes de tarde.

-        A relación laboral será de colaborador/a. Cobrarase 12,50 euros ao día que se aboarán trimestralmente.

No curso 2021-22 hai modificación en canto aos colaboradores do comedor xa que, con carácter excepcional, ampliase a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente, a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs). Deixamos o resumo das instruccións para que lle botedes unha ollada.

Aquelas persoas que contedes con disponibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

Un saúdo

A dirección.

SOLICITUDE COLABORACIÓN COMEDOR



page | by Dr. Radut