Skip to Content

TICS

NÓS TAMEN CREAMOS

??? imaxe[1]/titulo ???

Parabéns ao alumnado de 3º e 4º de E. Primaria e ao profesorado participante polo premio á curtametraxe  de animación en galego "Nós tamén creamos" que convoca a Secretaría Xeral e Política Lingüística, a Direcció Xeral de Educación e na que colabora a radio e televisión galega (Crtvg).  A curtametraxe gañadora está baseada no conto de "PACO PAPAN". Destacar o gran traballo realizado sobre todo a nivel grupal así como a creatividade amosada na realización.

Felicitar tamén ao alumnado de infantil e ao profesorado que participou na súa categoría polo gran traballo realizado baseado no libro "O Oso e o Corvo" que seguro que en vindeiras edicións lograrán o seu obxectivo.

Nos enlaces que vos deixo abaixo poderedes ver a curta premiada, o making-of (como se fixo) así como a curta do alumnado de infantil.

Estas  curtametraxes, realizadas coa técnica stop-motion, tamén poden verse no Portal da Lingua Galega así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia.

 

CURTA PREMIADA DE "PACO PAPAN"

COMO SE FIXO PACO PAPAN (MAKING-OF)

CURTA DO ALUMNADO DE INFANTIL: "O OSO E O CORVO"

 

Entroido 2016

Bo tempo, cancións, troula, e moitas culturas diferentes para un día de entroido redondo. Xa podedes disfrutar dos mellores momentos que vivimos ese día. Non volo perdades!

 

Entroido from CEIP Otero Pedrayo on Vimeo.

Festival de Nadal 2015.

Xa podedes ver o festival de Nadal deste ano. Grazas a todo o alumnado polo bo traballo realizado, aos mestres pola paciencia cos ensaios e especialmente a Ana, a mestra de música. Que o disfrutedes!

 

Festival de Nadal 2015 from CEIP Otero Pedrayo on Vimeo.

ARBOTICLARIO

Aquí tedes as fichas interactivas para aprender máis sobre as árbores e arbustos que traballamos e plantamos no Dia da Árbore. Se queredes ser uns expertos botánicos non vos perdades o seguinte ARBOTICLARIO!

 

FUCSIA. 

PEXEGUEIRO.

 

 

PEREIRA

 

MACEIRA:

 

LIMOEIRO

 

CIROLEIRO

 

 

ABETO

 

BUXO

MARMELO

SALGUEIRO

 

CERDEIRA

 

 

LOUREIRO REAL

 

CAMELIA

MOREIRA

 

 

ACIVRO

 

CASTAÑO

 

ROSEIRA

 

PIÑEIRO

 

ALBEDRO

O DÍA DA PAZ EN IMAXES

No Otero Pedraio conmemoramos o DÍA DA PAZ todos xuntos con diversas actividades. Aquí podedes ver unha pequena reportaxe fotográfica.

 

VIDEO PAZ 2013 from Otero Pedrayo on Vimeo.

ENTROIDO 2014 "A nosa horta"

Aquí vos deixamos unha montaxe coas fotos dos nenos e nenas no FESTIVAL DO ENTROIDO 2014. 

ENTROIDO 2014 A LARACHA from Otero Pedrayo on Vimeo.

FERRAMENTAS PARA AS ESCOLAS 2.0

Se queredes consultar a recopilación de enlaces que fixemos dende o SEMINARIO TIC sobre ferramentas útiles para traballar a través de Internet picade AQUÍ. Tedes enlaces a páxinas onde de forma moi sinxela e intuitiva poderedes crear puzzles, sopas de letras, exercicios de matemáticas ou de lingua, presentacións de fotos, murais, vídeos, liñas do tempo, rótulos luminosos, portadas de revistas, cómics... 

 

RECOPILACIÓN DE RECURSOS PARA A ESCOLA 2.0

Dende o Seminario TIC do cole queremos compartir con todos e todas os enlaces ás diferentes ferramentas dixitais coas que estamos aprendendo a traballar. 

 

Recordade que para ver o Symbaloo completo tedes que picar abaixo de todo onde di "view on Simbaloo" e unha vez ali, na pestana laranxa que di "añadir este webmix".

Distribuir contido


by Dr. Radut