Skip to Content

NÓS TAMEN CREAMOS

??? imaxe[1]/titulo ???

Parabéns ao alumnado de 3º e 4º de E. Primaria e ao profesorado participante polo premio á curtametraxe  de animación en galego "Nós tamén creamos" que convoca a Secretaría Xeral e Política Lingüística, a Direcció Xeral de Educación e na que colabora a radio e televisión galega (Crtvg).  A curtametraxe gañadora está baseada no conto de "PACO PAPAN". Destacar o gran traballo realizado sobre todo a nivel grupal así como a creatividade amosada na realización.

Felicitar tamén ao alumnado de infantil e ao profesorado que participou na súa categoría polo gran traballo realizado baseado no libro "O Oso e o Corvo" que seguro que en vindeiras edicións lograrán o seu obxectivo.

Nos enlaces que vos deixo abaixo poderedes ver a curta premiada, o making-of (como se fixo) así como a curta do alumnado de infantil.

Estas  curtametraxes, realizadas coa técnica stop-motion, tamén poden verse no Portal da Lingua Galega así como na sección infantil do web da Televisión de Galicia.

 

CURTA PREMIADA DE "PACO PAPAN"

COMO SE FIXO PACO PAPAN (MAKING-OF)

CURTA DO ALUMNADO DE INFANTIL: "O OSO E O CORVO"

 



page | by Dr. Radut