Skip to Content

Comedor

PAGO TASAS COMEDOR

Como xa sabedes, xa non se van a mandar para casa os impresos do pago de tasa de comedor xa que dende ABALAR podedes facer o pago telematicamente ou ben imprimir o impreso de pago e levalo ao banco.

Neste documento podedes ver as instruccións para poder facelo.Ven de facerse unha modificación para que a aplicación lles xenere un xustificante de pago e ao mesmo tempo nos apareza o pago ao centro na aplicación de comedores (Punto 4 referente ao pago e impresión de documento).

Se tedes algunha dúbida poñedevos en contacto co centro para axudarvos a solucionala.

Asemade lembrámoslles que no caso de non realizar o pago desde a aplicación (descargando o documento e pagando nunha sucursal bancaria  ou por ATRIGA) deberán enviarnos ao centro unha copia de haber realizado o pago.

Grazas

COMEDOR ESCOLAR 2021- 22

XA PODEDES VER A LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2021-22.

COMEDOR ESCOLAR DEFINITIVO CURSO 19 -20

LISTAXE  DEFINITIVA  COMEDOR ESCOLAR 19-20

LISTA ESPERA DEFINITIVA COMEDOR ESCOLAR

Lembrarlles que antes do 20 de Setembro todo o alumnado admitido ao comedor deberá presentar na secretaría do centro  o MODELO DE AUTODECLARACION que poden descargar aquí. De non presentalo antes desa data, consignaráselle 4,50 euros por día e uso.

AUTODECLARACION

Lembrámoslle que segue aberto oprazo para anotarse como colaborador/a de comedor.

 

COMEDOR ESCOLAR PROVISIONAL CURSO 19 -20

  • Número de prazas ofertadas  ---------------------------------  455
  • Número de prazas cubertas a 28 de Xuño -----------------  440
  • Número de prazas provisionais a sortear en setembro ---- 15
  • O número de prazas para setembro poderán variar no caso de incorporarse alumnos con dereito a comedor procedentes de inspección educativa.

Antes do 20 de Setembro todo o alumnado admitido ao comedor deberá presentar na secretaría do centro  o MODELO DE AUTODECLARACION que poden descargar aquí. De non presentalo antes desa data, consignaráselle 4,50 euros por día e uso.

No seguinte enlace poderán atopar as instruccións para cumprimentalo correctamente.

COLABORADORES/AS DE COMEDOR.

Lembrámoslles que segue aberto o prazo para apuntarse como colaborador/a de comedor escolar. De non haber os/as 11 colaboradores/as non poderá poñerse en marcha o comedor para o curso 2019-20.

 

 

SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE CURSO 2019-20

Ábrese o prazo para solicitar transporte e comedor para o curso 2019 - 2020. O prazo de entrega de solicitudes remata o 30 de Abril. Lembrámoslles  que as solicitudes de comedor deberán vir acompañadas da documentación necesaria segundo o criterio polo que se solicite ( padrón, certificados de traballo dos pais e nais, certificado de familia numerosa, certificado de servizos sociais).

Asemade, ábrese o prazo para presentarse como colaborador/a de comedor.

 

Informacion comedor e transporte

Solicitude Transporte Extraordinario. Bus 11 e as paradas do 6 (C.Aforros e Fontenova) máis todos aqueles que fagan uso dun bus que non lle perteza por padrón

Solicitude Transporte Ordinario.

Solicitude Comedor.

Permiso para Solicitude Padrón (entregar no centro).

 

COLABORADOR/A DE COMEDOR

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento ao inicio de curso. Aquelas nais/pais que teñades aos nenos no comedor e contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

As condicións do traballo son as seguintes:

-        Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas.

-        En horario de 14,20 a 15,30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 

-        En horario de 15,30 a 16,00 faranse quendas de tres colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses ou pais ou os mestres de tarde.

-        A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a. Cobrarase 9,39 euros día que a Consellería aboará trimestralmente.

Solicitude de Colaborador/a Comedor

 

LISTAXES PROVISIONAIS COMEDOR ESCOLAR

Resolución do Consello Escolar do día 29 de xuño

  • Número de prazas ofertadas  -------------------------------  442
  • Número de prazas cubertas a 29 de Xuño -----------------   415
  • Número de prazas provisionais a sortear en setembro ----- 27
  • O número de prazas de sorteo poderán variar no caso de incorporarse alumnos con dereito a comedor procedentes de inspección educativa

 

SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE CURSO 2018 - 2019

Ábrese o prazo para solicitar transporte e comedor para o curso 2018 - 2019. O prazo de entrega de solicitudes remata o 30 de Abril. Lembrámoslles  que as solicitudes de comedor deberán vir acompañadas da documentación necesaria segundo o criterio polo que se solicite ( padrón, certificados de traballo dos pais e nais, certificado de familia numerosa, certificado de servizos sociais).

Asemade, ábrese o prazo para presentarse como colaborador/a de comedor.

 

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

Información sobre comedor.

Información sobre transporte.

IMPRESOS DE SOLICITUDE

Solicitude transporte Ordinario.

Solicitude Transporte Extraordinario.

Solicitude Comedor.

Permiso para Solicitude Padrón (entregar no centro).

COLABORADOR/A DE COMEDOR

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamento ao inicio de curso. Aquelas nais/pais que teñades aos nenos no comedor e contedes con dispoñibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

As condicións do traballo son as seguintes:

-        Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas.

-        En horario de 14,20 a 15,30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 

-        En horario de 15,30 a 16,00 faranse quendas de tres colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses ou pais ou os mestres de tarde.

-        A relación laboral será de colaborador/a – voluntario/a. Cobrarase 9,39 euros día que a Consellería aboará trimestralmente.

Solicitude de Colaborador/a Comedor

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS AO COMEDOR E LISTA DE ESPERA

LISTAXE DE ADMITIDOS

LISTA DE ESPERA

Prégase a aquelas familias que teñan nenos/as que non vaian facer uso do comedor este curso pasen pr secretaría a dalos de baixa para poder darlle entrada a novos comensais da lista de espera.

IMPORTANTE: Todo o alumnado admitido ao comedor terá que presentar antes do 20 de Setembro a instancia de "Autoliquidación de Taxas". Deberá presentarse unha por cada neno/a. De non entregalo en prazo, pasaranlle o cargo de 4,55 euros por día de comedor.

IMPRESO TAXAS AUTOLIQUIDACION (pinchar aquí)

COEDOR ESCOLAR 2017 - 18

RESOLUCION DO CONSELLO ESCOLAR DO DÍA 29 DE XUÑO.

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS

LISTA DE ESPERA

Distribuir contido


by Dr. Radut