INFORMACIÓN

O Luns 27 de xuño ás 20:00 horas terá lugar unha reunión no comedor escolar. O motivo  é aclara  a problemática xurdida nestes días.  Non todo o alumnado levou a circular informativa, polo que prego a máxima difusión desta nota.

Aproveito para pedir desculpas polo díptico que  enviei  o martes.  Houbo un problema de configuración ao facelo con varios programas e envialo por correo. Ningún dos meus compañeiros tivo nada que ver coa súa edición.

Sandra Casar

 

Directora do CEIP Ramón Otero Pedrayo

RESULTADOS DA VOTACION DA XORNADA UNICA

CENSO VOTANTES : 463 FAMILIAS

VOTARON: 369 FAMILIAS

VOTOS  SI: 339

VOTOS NON: 30

NULOS : 0

PORCENTAXE VOTACIÓN: 80%

PORCENTAXE VOTOS SI : 73,21%

PORCENTAXE ESIXIDO PARA QUE SE POIDA LEVAR A CABO A XORNADA: 58%

GRACIAS POLA VOSA  PARTICIPACION.

LIBROS E AXUDAS A MATERIAL CURSO 2016-17

A Consellería de Educación ven de convocar a través da publicación no DOG, as axudas para mercar os libros de texto (1º - 2º), participar no fondo de libros (préstamo 3º- 4º- 5º- 6º) e as axudas para material para o curso 2016-17.

O Prazo para entregar as solicitudes na secretaría do centro é ata o 23 de XUÑO inclusive

Esta convocatoria establece TRES modalidades:

·         Para 1º - 2º  de E. Primaria  Axudas a adquisición de libros (Vales).

·         Para 3º - 4º- 5º - 6º  de E. Primaria Fondo Solidario de Libros (Préstamo).

·         Axudas adquisición de material Escolar.

Aqueles alumnos que adquirisen libros a través do Vale para o curso 2015/16 ou participaran no fondo solidario (préstamo) NON poderán solicitar Vale nin Préstamo de non ter entregados os libros no centro o 17 de Xuño como data límite.

Segundo a Orde, os libros serán os mesmos do curso pasado

SOLICITUDE S PARA OALUMNADO DE 1º - 2º - 3º - 4º - 5º - 6º

O alumnado que curse 1º/2º, de cumprir os requisitos, poderán solicitar a axuda para adquirir os libros de texto.

O alumnado que curse 1º/2º, de cumprir os requisitos, poderán solicitar a axuda para adquirir os libros de texto.

A lexislación aplicable será a da Orde do 27 de Abril 2016 : Axuda adquisición de libros , participación no fondo solidario e material escolar

 

LEXISLACION, INFORMACION E IMPRESOS SOLICITUDE DE LIBROS, FONDO E AXUDAS MATERIAL

 

 

 



 

 

 

 

 

XORNADA UNICA

 

VOTACION

 

 

Informámosvos que o VENRES 27 de MAIO celebrarase a votación para decidir o tipo de Xornada que vai ter o centro. O horario para votar abarcará  desde  as 9:00 horas ata ás 22: 30 horas ininterrumpidamente.

 

Asemade, informamos que no hall de entrada do edificio de primaria están expostos,  os censos de pais, nais e titores lega

Proxecto da Xornada.

Cadros Resumo da Xornada

Preguntas mais frecuentesrealizadas polas familias coa contestación.

INFORMACIÓN SOLICITUDE COMEDOR E TRANSPORTE PARA O CURSO 2016 - 17

 

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE COMEDOR E TRANSPORTE, DO 1 AO 29 DE ABRIL, O ALUMNADO (tanto os de nova matrícula como os que xa están matriculados no centro) DEBERÁ SOLICITAR  A UTILIZACIÓN DO COMEDOR E/OU TRANSPORTE ESCOLAR ASÍ COMO ENTREGAR A DOCUMENTACION PERTINENTE.

INFORMARASE DA NORMATIVA APLICABLE UNHA VEZ SEXA PUBLICADA POLA CONSELLARIA DE EDUCACIÓN.

TRANSPORTE

  • ·       

    Solicitude oficial de transporte ordinario ou excepcional de ser o     caso

  •       Padrón ou autorización firmada para poder solicitarllo desde o centro ao Concello.

 

 

·         Deberán cubrir a solicitude de transporte extraordionario :

 

Ø  Os usuarios da liña 11 (Rey Varela: Praza, Fontenova, Caixa Aforros e Torás )

Ø  Os que van utilizar un bus distinto ao que lle corresponde por padrón. Estes alumnos, ademais do

Certificado de empadronamento  terán que  engadir un certificado de convivencia á solicitude

no que xustifiquen a convivencia no domicilio que alega para solicitar o transporte

    Os que non teñen dereito, por estar fóra da  área de influencia do centro

 

COMEDOR

·    * Solicitude oficial de comedor

·    * Padrón  ou Autorización firmada para poder solicitarllo desde o centro ao concello

 

OUTRA DOCUMENTACIÓN

 

·   * Documento  familia numerosa

·   * Certificados de empresa de incompatibilidade horaria cos horarios de saída ao mediodía  (estar traballando os dous)

·    * Informe social (de ser o caso)

·    * Certificado de discapacidade do alumno (igual ou superior ao 33% )

 

 

DOCUMENTACION MATRICULA CURSO 2016 - 17

Comunicamos as familias interesadas en matricular aos seus fillos-as neste Colexio que entre o 1 e o 29 de Marzo poderán entregar a solicitude de praza debidamente cumplimentada, na secretaría do Centro. Tamén lembramos a todas as familias, con alumnado matriculado no Colexio, que teñen garantida a praza escolar, sempre que non soliciten praza noutro centro no que resultaran admitidos. A continuación aportamos os  documentos de interese para este proceso de admisión , pinchando neles poderán acceder aos documentos para velos ou imprimilos.

 

 

MATRICULA CURSO 2016 - 17

 

PLAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2016- 17

 

DO 1  AO 29 DE MARZO

 

OS IMPRESOS PÓDENSE RECOLLER NA SECRETARÍA DO CENTRO OU IMPRIMIR NESTA PAXINA

INFORMACION ÁS FAMILIAS: CALENDARIO ADMISION, PRAZAS VACANTES....(PINCHAR)

 

 

 

 

Entroido 2016

Bo tempo, cancións, troula, e moitas culturas diferentes para un día de entroido redondo. Xa podedes disfrutar dos mellores momentos que vivimos ese día. Non volo perdades!

 

Entroido from CEIP Otero Pedrayo on Vimeo.

Powered by Drupal - Design by artinet