Skip to Content

PAGO TASAS COMEDOR

Como xa sabedes, xa non se van a mandar para casa os impresos do pago de tasa de comedor xa que dende ABALAR podedes facer o pago telematicamente ou ben imprimir o impreso de pago e levalo ao banco.

Neste documento podedes ver as instruccións para poder facelo.Ven de facerse unha modificación para que a aplicación lles xenere un xustificante de pago e ao mesmo tempo nos apareza o pago ao centro na aplicación de comedores (Punto 4 referente ao pago e impresión de documento).

Se tedes algunha dúbida poñedevos en contacto co centro para axudarvos a solucionala.

Asemade lembrámoslles que no caso de non realizar o pago desde a aplicación (descargando o documento e pagando nunha sucursal bancaria  ou por ATRIGA) deberán enviarnos ao centro unha copia de haber realizado o pago.

Grazas



page | by Dr. Radut