Skip to Content

Extraescolares

O ENTROIDO NO OTERO PEDRAYO

Chegou o Entroido nun curso distinto, marcado pola pandemia pero o equipo de mestres e mestras do Otero Pedrayo non querían deixar ao alumnado sen ese momento tan especial e puxéronse a pensar e traballar nunha fórmula que permitise ao alumnado e ás familias poder disfrutar dese momento especial. Aquí vos deixamos o seu traballo, un bonito lip - dub no que poderedes ver a todo o alumnado e persoal do centro. Un excelente traballo organizado e realizado polo gran equipo de mestres/mestras do centro. Gracias a todos polo voso traballo.

Desexamos que vos guste a vós e aos nenos/as que puxeron a súa parte neste bonito traballo.

LIP - DUB ENTROIDO NO OTERO PEDRAYO

 

 

O "SAMAGOSTO" NO PEDRAYO

Como non podía ser doutra maneira o alumnado e profesorado do Otero Pedrayo celebrou, como todos os anos, o noso SAMAGOSTO. Este curso non tivemos castañas pero si unha saborosa chocolatada. En breve teredes máis imaxes desta celebración da que disfrutamos no cole. Disfraces, torneo de peóns, chocolatada, música.... iso sí, com moita precaución pero que esta situación NON NOS PARE. Nesta primeira entrega podedes ver tres RAP feitos polo alumnado e profesorado para animar a festa: O Rap dos Peóns, O Rap do Magosto e o Rap do Samain. Non o perdades e lembrade "CUIDËMONOS ENTRE TODOS".

FIN DE CURSO

XA REMATOU!

Así é, o curso 2012-2013 chegou ao seu fin e despedímolo cun pequeno festival, onde non solo tivemos actuacións senón que tamén despedimos aos alumnos de 6º curso que inician unha nova etapa: o instituto. Moita sorte!

Ao longo da mañá, os alumnos e mais os mestres aproveitaron para despedirse, e logo baixaron todos xuntos ao patio para participar da festa.

Contamos coas seguintes actuacións:

   

3 años: "LA BAMBA DIVERTIDA"

 

   

4 años: " LA PLAYA ESTABA DESIERTA"

 

   

5 años: "REMEMBER"

 

   

3º E.P.: " NO IMPORTA QUE LLUEVA"

 

   

4ºE.P.: "THINK"

 

   

5ºE.P.: "LIMBO"


Unha vez que remataron as actuacións, despedimos aos alumnos de 6º, facéndolle entrega dunha orla:

   

 

Eles corresponderon aos seus compañeiro e mestres cunhas palabras:

   

Deste xeito pechamos un novo curso. Gracias a todos.

Podedes ver máis fotos na galería.

LETRAS GALEGAS

O pasado 16 de Maio celebramos o Día das Letras Galegas que este ano estaba adicado a Roberto Vidal Bolaño.

Pola mañá realizaronse pequenas dramatizacións dalgun texto da súa obra, e pola tarde reunimonos todos xuntos no ximnasio, onde puidemos disfrutar das seguintes actuacións:

 "RULIÑO E OUTROS MÁIS" (6º E.P.)

    

 

"FALO GALEGO PORQUE QUERO" (5º E.P.)

 

CANTAREIRAS

 

ANTROIDO

E por fin chegou o 8 de febreiro..... "O ANTROIDO"


Comenzamos o día cunha chocolatada para coller forzas......

 

 

        

 

 

e cando estivemos preparados, comenzamos o desfile...............cuns invitados especiais:

 

     

    

 

 

Eles acompañaron o desfile dos diferentes cursos:

 

   E. Infantil: Fondo mariño 

 

    

1ºE.P.: Pingüíns

 

       

2º E.P.: Percebes     

 

3º E.P.: Medusas

 

         

4º E.P.: Pulpos      

 

      

5º E.P.: Piratas

                                                                                            

6º E.P.: Mariñeiros

 

Todos xuntos rematamos bailando unha batukada.

 

Grazas a todos pola vosa colaboración. O restos das fotos podedes velas na galería.

DÍA DA PAZ

 

Pomba da Paz

Así, con esta pomba comezamos a celebración do "Día da Paz", o pasado 30 de Xaneiro.

 

Pola tarde, levamos a cabo a actividade "Lavado da Paz". Que é iso? Imolo ver.

Tivemos que buscar unha lavadora. Fomos as rebaixas e atopamos esta........

 

 

Cando os nenos xa estaban atentos........

 

 

comezou o traballo dos presentadores:

 

 

Raúl, Patricia e Ana, coa axuda dos compañeiros ían metendo na lavadora prendas de roupa que levaban escritas palabras que non deberamos escoitar case nunca tales como:  marxinación egoísmo prisión............

 

               

 

 

Unha vez lavadas, saían palabras moito mais fermosas: paz, amor, integración, rir,...

 

      

 

Para rematar, todos xuntos cantamos "Cantarela dos nenos". Podedes ver mais fotos na galería.

FESTIVAL DE NADAL

O pasado 21 de Decembro celebramos a chegada do nadal cun festival no cal tivemos un montón de actuacións.

Comenzamos entregando os premios aos gañadores do Concurso de Postais organizado polo Concello.

 

GAÑADORES DO CONCURSO DE POSTAIS

Gañadores do concurso de postais

 

 

E despois.......... as actuacións dos nenos, que foron presentadas por uns rapaces moi metidos no seu papel.

 

         PRESENTADORES

 

             PRESENTADORES 2  

 

 

ACTUACIÓNS DE INFANTIL


              

 

 

 

ACTUACIÓNS DE PRIMARIA


      actuación 1º      actuación 2º

 

      actuación 3º      actuación 5º

 

      actuación 6º      obra 1

 

obra 2

 

 

Non podía faltar unha actuación estelar............

"OS MESTRES"

 

 

 

Para rematar o festival nada mellor que os Reis Magos repartindo caramelos.

REIS MAGOS


 

GRACIAS A TODOS POLA COLABORACIÓN. Podedes visitar o resto de fotos na nosa galería.

SAMAÍN

    Como xa sabedes, o pasado mércores 31 de Outubro celebramos no colexio o Magosto e o Samaín. Con este motivo, desenvolvéronse distintas actividades.

Decoramos unha aula  do medo con motivos do Samaín,pero non asustamos a ninguén...

AULA DO MEDO

AULA DO MEDO

 

Disfrutamos dunha sesión de lectura de contos de medo:

 CONTOS DE MEDO

CONTOS DE MEDO 

E non podía faltar unha grande exposición de cabazas....

ENTRADA PRIMARIA

 ENTRADA INFANTIL

CABAZAS INFANTIL

Nin unha  boa castañada pola tarde.

NO PATIO COMENDO CASTAÑAS.

 

UNHA BOA CASTAÑADA

 COMENDO CASTAÑAS  EN  INFANTIL

Se queredes ver máis fotos seguide o enlace de galeria

INICIAMOS O CURSO 2012 - 2013

    Desde o Equipo de Actividades Extraescolares damosvos a benvida a este novo curso 2012-2013. Ao longo do curso celebraremos distintas actividades e delas daremos conta nesta páxina. Comenzaremos co Samaín e o Magosto. Próximamente......... fotos e mais.

Entrada do centro: Educación Primaria

Entrada do centro: Educación Infantil

Distribuir contido


by Dr. Radut