Skip to Content

CALENDARIO ESCOLAR 23-24

Publicada a Orde de calendario escolar para o curso 2023-24

ORDE CALENDARIO

LIBROS TEXTO E AXUDA A MATERIAL

Ven de publicarse a Orde do 10 de Maio pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria

  • Lembrar que o centro está no programa EDIXGAL (libro electrónico) polo que o alumnado  5º e 6º non usarán libro físico e a principio do curso 2023-2024 repartiráselle un ordenador persoal. Estes niveis, sí poderán solicitar axuda para material de cumprir os requisitos.
  • Cambiaranse os libros de 4º de E. Primaria por cambio de currículum.
  • Mantéñense os libros de 3º. Serán os mesmos que se utilizaron no curso 2022-23.

O PRAZO DE SOLICITUDE REMATA O 21 DE XUÑO.

FORMAS DE SOLICITALO.

Hai tres formas de solicitar as axudas:

 

DATAS PUBLICACION LISTAXES  PROVISIONAIS E DEFINITIVOS LIBROS E MATERIAL ASÍ COMO AS DATAS DE RECOLLIDA DE VALES

 

CANCIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Deixamos a canción creada por todo o alumnado do centro para conemorar o día das letras galegas.

CANCIÓN

 

BECAS ALUMNADO NEAE PARA CURSO 2023-2024

Convócanse, para o curso 2023-2024, axudas individualizadas para os alumnos con Necesidade Específica de Apoio Educativo.

Asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade) o alumnado con TEA (Trastorno do espectro autista). Así como, axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.

·        Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 8 de maio de 2023 ata o día 20 de setembro de 2023, ambos inclusive.

·        Acceso á solicitude: https://sede.educacion.gob.es/portada.html

ELECCIONS AO CONSELLO ESCOLAR

Este ano celébranse eleccións ao Consello Escolar. Un órgano no cal está representada toda a comunidade educativa: pais, mestres, persoal administrativo e de servizos, anpa, concello...

Informaremos puntualmente de todas as fases polas que vaia pasando o proceso a través dos alumnos, mais, como información relevante deste proceso adiantámosvos a seguinte:

·         Renóvanse 2 pais dos 5 que forman parte do Consello.

·         Renóvanse 2 mestres dos 5 que forman parte do Consello.

·         As votacións levaranse a cabo, salvo que xurda algún contratempo, o 28 de Novembro de 16:00 a 20:00  da tarde no centro.

·         Teñen dereito a votar os pais/nais ou titores legais do alumnado matriculado que figure no censo, podendo votar ambos se así o desexan.

·         O Voto será directo, secreto e non delegable.

·         Votarase en papeletas aprobadas pola Xunta Electoral do Centro que estarán dispoñibles no lugar da votación.

·         Para poder votar será necesario presentar un documento que acredite a personalidade : DNI ou documento similar.

ACTIVIDADES MAGOSTO 2022

Xa chega o magosto. Aquí vos queda un enlace con actividades para realizar co voso alumnado.

 

INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO EDIXGAL.

Premendo na imaxe accederedes ao folleto informativo para as familias sobre o edixgal.

Se queredes coñecer algo máis sobre o proxecto edixgal podedes acceder á súa paxina web

REUNION 2º

 

REUNIÓNS 1º, 3º E 4º

 

INFORMACION ENTRADAS E SAÍDAS AO CENTRO

Achégase información sobre as  entradas E saídas do centro. Unha vez eliminadas a maioría das restriccións por COVID retómase a normalidade nas entradas e saídas. Achegase no mesmo documento información sobre a organización do 1º día de clase no referente á formación das filas de entrada.

Lémbrase ás familias que durante os primeiros días poden acompañar ao alumnado ao interior do recinto sen interrumpir a formación das filas nin acceder ao centro no caso de ter que traer material  ata que se lle indique.

Un saúdo

INFORMACION ACCESO E FILAS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut