Skip to Content

TODO IRÁ BEN - #QUEDANACASA

O alumnado e profesorado do Otero Pedrayo quere aportar o seu gran de area que axude a concienciar a toda a poboación de que quedar na casa axuda a pasar esta situación a través das mensaxes que podedes ver pinchando nos enlaces.  Polos máis pequenos, polos nosos maiores, por todas aquelas persoas que están en primeira liña traballando para sacar esta situación adiante e que non nos falte de nada, por nós....

 
 

DEPARTAMENTO ORIENTACION OTERO PEDRAYO

RECOMENDACIÓNS QUE AXUDAN A AFRONTAR A SITUACIÓN QUE ESTAMOS A VIVIR DE PECHE NAS VIVENDAS CON NENOS/AS.

Desde o D.O do CEIP Ramón Otero Pedrayo queremos aportarvos algunhas recomendacións para axudar a que o confinamento nas casas sexa o máis levadeiro posible.

Recomendacións do departamento Orientación

Recomendacións do E.O.E

PLAN DESARROLLO EUROPEO

O CEIP Ramón Otero Pedrayo presentou o Plan de Desarrollo Europeo, dentro do Programa Erasmus+ da Unión Europea, centrado na temática dos patios a través do cal o profesorado do centro se formará e intercambiará experiencias con profesorado e centros doutros paises da Unión Europea. De ser seleccionados , 16 mestres do centro poderán visitar centros educativos doutros paises europeos, formarse e intercambiar experiencias.

Pincha para poder ver o noso PLAN DE DESARROLLO

 

DIA INTERNACIONAL LIMPEZA PRAIAS

Fai uns días celebrouse o día internacional de limpeza de praias. O centro participou, invitado polo CEIP de Caión, co alumnado de 5º de Primaria. Foi unha actividade moi bonita para todos e unha actividade de concienciación sobre a problemática dos residuos, sobre todo pláSticos, que chegan ao mar en poñen en perigo multitude de especies animais e plantas que habitan no mar e no seu entorno.

Deixámosvos un pequeno vídeo de como foi a actividade. PINCHAR PARA VER A MONTAXE.

 

OTERO PEDRAYO "NUNCA MAIS"

Aquí temos o segundo vídeo a favor da ecoloxía, da natureza, feito polo alumnado de 6º coa colaboración doutros alumnos do centro..

Noraboa unha vez máis!!!!

PARA VER O VIDEO PINCHA AQUÍ

 

OTERO ECOLOXICO

O alumnado de 6º D apoiado pola súa titora e por alumnos de 6º A crearon un video con consellos ecolóxicos co cal participarán en varios concursos. Esta pequena, pero maravillosa película está baseada nas películas realizadas por "Méliès" : cine mudo, rápido, sen cor....

Proximamente poderes ver aquí unha nova produción. Non a perdades. NORABOA RAPACES.

 

PINCHA PARA VER A PELICULA

PINCHA PARA VOTAR

COLABORADORES/AS DE COMEDOR

Prezadas familias:

Como sabedes o comedor do centro funciona con 11 mamás/papás colaboradores. Sen as 11 persoas colaboradoras, o comedor non poderá entrar en funcionamiento ao inicio de curso.

As condicións do traballo son as seguintes:

-        Poderán xantar no comedor do centro a partir das 13,30 horas.

-        En horario de 14,20 a 15,30 atenderán o comedor e desempeñarán as funcións propias do servizo. 

-        En horario de 15,30 a 16,00 faranse quendas de tres colaboradores/as que vixiarán ao alumnado e coidarán deles ata que sexan entregados aos buses ou pais ou os profes de tarde.

-        A relación laboral será de colaborador/a. Cobrarase 12,50 euros ao día que se aboarán trimestralmente.

No curso 2021-22 hai modificación en canto aos colaboradores do comedor xa que, con carácter excepcional, ampliase a posibilidade de colaborar voluntariamente nas tarefas de atención e vixilancia nos comedores escolares, por non existir persoal funcionario e laboral da Xunta de Galicia, nin colaboradores directos dispoñibles previstos ordinariamente en número suficiente, a outros familiares dos alumnos comensais, a ex-colaboradores deste servizo, a persoal relacionado coa comunidade educativa (conserxes, persoal limpeza), así como a persoal que participe en programas de voluntariado social (Concellos, ONGs). Deixamos o resumo das instruccións para que lle botedes unha ollada.

Aquelas persoas que contedes con disponibilidade horaria, podedes apuntarvos na secretaría do centro. É unha labor importante para o bo funcionamento do centro.

Un saúdo

A dirección.

SOLICITUDE COLABORACIÓN COMEDOR

Horarios portais entradas e saídas

Reunións iniciais educación infantil

Aquí vos deixamos a data e as horas das reunións de educación infantil. Lémbrade que só pode acudir unha persoa por familia

Distribuir contido


by Dr. Radut