Skip to Content

O HORARIO DE SECRETARÍA

 

Entroido 2016

Bo tempo, cancións, troula, e moitas culturas diferentes para un día de entroido redondo. Xa podedes disfrutar dos mellores momentos que vivimos ese día. Non volo perdades!

 

Entroido from CEIP Otero Pedrayo on Vimeo.

Festival de Nadal 2015.

Xa podedes ver o festival de Nadal deste ano. Grazas a todo o alumnado polo bo traballo realizado, aos mestres pola paciencia cos ensaios e especialmente a Ana, a mestra de música. Que o disfrutedes!

 

Festival de Nadal 2015 from CEIP Otero Pedrayo on Vimeo.

ÁRBORES INTERACTIVAS

Dende o SEMINARIO TIC estamos dixitalizando as fichas que realizástedes para a actividade proposta polo equipo de invernadoiro. O voso traballo está agora na rede e é interactivo.

 

 

PARA  ACCEDER AO ARBOTICLARIO DO OTERO PEDRAYO PICADE AQUÍ. 

 

Atoparedes un montón de fichas coma esta. Pouco a pouco irémolo actualizando ata que poidades ser uns expertos botánicos!

 

 

FERRAMENTAS PARA AS ESCOLAS 2.0

Se queredes consultar a recopilación de enlaces que fixemos dende o SEMINARIO TIC sobre ferramentas útiles para traballar a través de Internet picade AQUÍ. Tedes enlaces a páxinas onde de forma moi sinxela e intuitiva poderedes crear puzzles, sopas de letras, exercicios de matemáticas ou de lingua, presentacións de fotos, murais, vídeos, liñas do tempo, rótulos luminosos, portadas de revistas, cómics... 

 

PROPOSTA DO EDL PARA AO ENTROIDO

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística propoñémosvos que "movades un pouco o corpo" este Entroido coa seguinte cantiga!

RECOPILACIÓN DE ENLACES PARA O ENTROIDO

Dende o Seminario sobre TIC queremos achegarvos unha selección de recursos relacionados coa temática do Entroido. 

A NOSA RADIO NO PEDRAIO

Aquí podedes escoitar o programa de radio de 4ºC.  

Ademais se o que queredes é escoitar e ver o programa en directo dende a Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago picade AQUÍ. 

 

FELIZ DÍA INTERNACIONAL DA RADIO PARA TODOS E TODAS!

 

 

 

 

MURAL VIRTUAL DA PAZ

Este é o noso mural virtual feito polo seminario do Curso TIC impartido no centro de forma colaborativa e participativa. Animádesvos a botarlle unha ollada? De seguro pasaredes un rato divertido e sobre todo didáctico e pacífico!

SAMAÍN DENDE O EQUIPO DE TICs

Se queredes acceder a unha recopilación de xogos on line e outro tipo de material atopado na rede sobre o Samaín picade AQUÍ: poderedes crear monstruos, decorar cabazas, facer tartas mostruosas...

Distribuir contido


by Dr. Radut