Skip to Content

AUTORIZACION ALUMNADO DE 4º,5º,6º NAS SAÍDAS ÁS 15:30 DESPOIS DO COMEDOR

Aquelas familias que queiran autorizar aos alumnos de 4º,5º,6º a sair sós do centro ás 15:30, despois do comedor, deberán cubrir e ntregar no centro a autorización que se adxunta neste escrito.

AUTORIZACIÓN SAIR SOLOS

PLAN ADAPTACION Á SITUACIÓN COVID-19

 

Estimadas familias:
O Protocolo establecido polas Consellerías de Sanidade e Educación determina que os proxenitores se comprometen a realizar diariamente ao alumno/a a Enquisa de Autoavaliación clínica do COVID e que se comprometen a NON envialo ao centro e mantelo en illamento preventivo domiciliario nos seguintes supostos:

De ter síntomas compatibles coa COVID-19, poñeranse en contacto co pediatra e con algún dos membros do equipo COVID do centro educativo.

 

Se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumno/a non poderán acudir ao centro ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do Centro.

 

En consecuencia, a lexislación establece que deberán asinar a declaración responsable que recolle todo o anterior, e deberá traela o alumno/a correctamente cuberta e asinada o primeiro día lectivo. A devandita declaración poden atopala na nosa web.

AUTOENQUISA (Deberá realizarselle todo o día)

DECLARACIÓN RESPONSABLE (Deben cubrila todas as familias)

PLAN DE ACOLLIDA

PLAN DE CONTIXENCIA

PROTOCOLO ADAPTACIÓN DO CENTRO

ANEXOS: ENTRADAS, SAÍDAS, RECOLLIDA DE ALUMNOS..

É importante resaltar que estos plans non son documentos pechados e iremos engadindo todas as novas que incorporen as Consellerías de Educación e Sanidade, co obxectivo de manter ao alumnado, persoal docente e non docente e ás familias baixo a maior seguridade posible.

 

 

CURSO 2020-2021

Benvidos ao curso 2020/2021

Comunicámoslle que o día 10 de setembro, nos horarios e coa organización  que se publicarán a semana próxima, comezará a actividade lectiva para os niveis de 4º de E. infantil, 5º de E. infantil, 1º, 2º e 3º de E. Primaria.
O venres, día 11, comezarán os alumnos de 6º de E. infantil, 4º,5º e 6º de E. Primaria.

Informámoslles ás familias do alumnado de E. Infantil que debido as circunstancias excepcionais polas que estamos atravesando neste inicio de curso e de xeito excepcional, ao alumnado de 5º Infantil e 6º de infantil se lle aplicará un breve período de adaptación do cal se informará unha vez celebrado o Consello Escolar do centro.
En ambos casos, as entradas e saídas, horarios e organización -en atención ao Protocolo COVID que elaborou o centro segundo o Protocolo e as Instrucións da Consellería- son moi distintas e diferentes a anos anteriores polo que pregamos que a partir do venres, día 4, todas as familias consulten na nosa páxina web todo o referido a este tema: entradas, protocolo, transporte...
Ao tempo, lembramos a obriga imposta desde a Consellería de Educación e a Consellería de Sanidade, da prohibición para que calquera pai/nai de E. Primaria acceda ao centro, sexa recinto interior ou exterior (patio) sen a debida autorización por parte do centro.

No caso de Educación Infantil, o alumnado só poderá ir acompañado dun único adulto.

 

FONDO LIBROS DEFINITIVO 3º,4º,6º PRIMARIA - VALES ADQUISICION LIBROS (1º , 2º) E VALES DE MATERIAL

Publicáronse as LISTAXES DEFINITIVAS de admitidos no fondo libros .Sae cos libros que lle corresponde a cada alumno/a

 Poden consultarse nos taboleiros do centro ou na aplicacion fondo libros( entrando coa chave 365 ou certificado dixital).

 Xa se poden recoller os VALES DE ADQUISICION DE LIBROS PARA 1º E 2º DE PRIMARIA E OS VALES DE MATERIAL PARA ALUMNADO DE  PRIMARIA, DESDE HOXE ATA O VENRES.

Os vales que non se recollan nestas datas poderán recollerse en setembro

 

 

 

 

DESPEDIDA ALUMNADO DE 6º E. PRIMARIA E 6º E. INFANTIL

Chegou o curso ao seu fin. Este ano foi un final atípico para todos pero non podiamos deixar aos nenos/as de 6º de Primmaria sin a súa despedida. Tampouco podían quedar os pequenos de infantil sen a súa. Aos de sexto decirlles un ata pronto, desexarlles o mellor no seu paso ao IES e que nunca se olviden de nós. Aos de Infantil non os imos despedir, máis ben dicímoslle un "Benvidos a primaria", estámosvos esperando.

Agradecerlle as titoras dos distintos cursos e a todas as mestras e mestres que dunha maneira ou doutra participaron nestes preciosos vídeos.

O noso agradecemento, como non, aos pais por toda a colaboración prestada e máis nestes momentos tan difíciles para todos.

Deixámosvos con estes preciosos e emotivos vídeos

Só queda dspedirnos ata o curso que ben.

 

LIBROS TEXTO 2020-2021

LISTAXE  DE LIBROS TEXTO 2020-2021

  • O centro foi admitido no programa E-Dixgal (libro dixital) polo que en 5º de E.P non terán que comprar libros noin serán de préstamo. En setembro entregaráselle a cada alumno/a un ordenador portatil. As familias deste alumnado cponvocaranse en Setembro para darlles a coñecer como funciona o proxecto.
  • Hai libros que non hai que mercar. Figuran na listaxe .
  • AXENDA ESCOLAR: para o curso 2020-21 daráselle a todo o alumnado unha axenda escolar gracias á colaboración da ANPA e do Concello. Entregaráselle na primeira semana lectiva

ADMISIÓN ALUMNADO

FINALIZADO O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO, COMUNICAMOSLLE QUE TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS

AS LISTAXES ESTÁN PUBLICADAS NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CENTRO

Respecto das listaxes, segundo se indica nas instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, son accesibles para a cidadanía con certificado dixital, DNI electrónico ou Chave365, a través do menú SOLICITUDES > AS MIÑAS SOLICITUDES, e será visible a partir do 8 de xuño.

A DIRECCIÓN

SOLICITUDE AXUDAS LIBROS , FONDO LIBROS, MATERIAL E DEVOLUCIÓN LIBROS PRESTAMO

 INFORMACIÓN BASICA

D.O.G  PARTICIPACION FONDO LIBROS

RESUMO  D.O.G

FORMAS DE SOLICITALO

SOLICITUDE PARA IMPRIMIR E CUBRIR OU CUBRIR E IMPRIMIR ( Levala á secretaria do centro o día sinalado para cada curso)

SOLICITUDE  A TRAVÉS DE FONDO LIBROS ( Cubrila, imprimilla e levala ao centro)

SOLICITUDE A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA ( Necesaria chave 365 ou certificado dixital).

Distribuir contido


by Dr. Radut