Skip to Content

Normalización Lingüística

II PISTA CONCURSO LETRAS GALEGAS 2014


Xa temos gañadores do primeiro sorteo!
Rascade coa moeda na imaxe para descubrilos..

AQUÍ VOS DEIXAMOS A SEGUNDA PISTA!
O sorteo celebrarase o venres 25 de Abril.
Moita sorte a todos e todas! 

 

PARA ATOPAR INFORMACIÓN PODEDES PICAR AQUÍ.

 

PRIMEIRA PISTA CONCURSO LETRAS GALEGAS

Esta é a primeira pista que vos deixamos para o concurso das letras galegas. Picade no trianguliño da foto e esperade a que este personaxe vos fale e vos faga a pregunta. Cando teñades a resposta correcta escribídea nun papel co voso nome e curso e depositádea na entrada do centro no lugar onde pon "CONCURSO LETRAS GALEGAS".

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR! HABERÁ AGASALLOS PARA OS ACERTANTES! 

 

PICADE AQUÍ SE QUEREDES ATOPAR INFORMACIÓN.

 

SORTE A TODOS E TODAS! 

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E SEMINARIO TIC

PROPOSTA DO EDL PARA AO ENTROIDO

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística propoñémosvos que "movades un pouco o corpo" este Entroido coa seguinte cantiga!

CURTA ANIMADA PROPOSTA DO EDL

Esta é a curta de produción galega que vos propoñemos traballar polo Día da Paz (ou os vindeiros días)o EDL do CEIP "Otero Pedraio" baixo o lema E TI QUE LEVAS NO CORAZÓN?

Unha historia que fala da grandeza do amor: O XIGANTE.

O Xigante from abano producións on Vimeo.

CALENDARIO DE ADVIENTO DO EDL

Dende o EDL do cole propoñemos para este Nadal 2013 este calendario de adviento en galego. Abrindo unha pestana cada día descubriredes e aprenderedes un montón de cousas sobre como se celebra o Nadal noutros lugares do mundo e ata como o celebran outras culturas diferentes á nosa. So se abrirán as pestanas día a día. No interior tamén atoparedes xogos moi divertidos para o ordenador! PARA IR A EL PICADE AQUÍ.

SAMAÍN DENDE O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA.

Para acceder ás actividades propostas polo EDL sobre o Samaín, este ano relacionadas cos contos e as curtas da Editorial OQO, "Abruxa Regañadentes" e "Fiz, o coleccionista de medos" picade AQUÍ.

SAMAÍN

Dende o Equipo de Dinamización Lingüística do cole propoñemos para a celebración do SAMAÍN a lectura de dous libros da editorial OQO: "A bruxa regañadentes" (para os máis maiores) e "Fiz, o coleccionista de medos" (para os máis pequenos). Para ver as curtas destes contos podedes picar AQUÍ, para o da Bruxa, e AQUÍ ou AQUÍ para o de Fiz..

 

 

Ademais tamén elaboramos unhas entretidas actividades para que usedes os encerados dixitais, aprendades vocabulario en galego e lle dedes un pouquiño ao maxín estes días!

Para ir ao BRINCALETRAS do SEGUNDO CICLO picade AQUÍ.

Para acceder ao BRINCALETRAS do TERCEIRO CICLO picade AQUÍ.

Se o que queredes e facer unhas entretidas sopas de letras aquí volas deixamos:

 

  

Para facer os xogos de puzzles e inicio da lectoescritura os de INFANTIL e PRIMEIRO ciclo aquí vos deixamos o libro LIM ao que podedes acceder picando AQUÍ. 

O EDL DO CEIP "RAMÓN OTERO PEDRAYO" DESEXÁMOSVOS AS TODOS E TODAS UN BOS E TERRORÍFICOS DÍAS!

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO

cartelfotosantiguas

Distribuir contido


by Dr. Radut