Skip to Content

Eduinnova

PAPAR CON SENTIDIÑO!

 O alumnado de 5º de Ed. Primaria estivo estudando a importancia de manter unha dieta saudable. Despois de facer un estudo da roda de alimentos e das cantidades recomendables de cada grupo  que se deben comer diariamente. Chegaron á conclusión de que é moi importante que o noso plato teña MOITA COR! isto quererá dicir que ten moitas verduras, hortalizas e froitas.

  •   Elaboraron individualmente, seguindo as indicacións da pirámide de alimentos, un menú saudable.  
  •   Tamén coñeceron e empregaron a App Yuka analizando a calidade das súas merendas; facéndose máis conscientes de se son saudables ou non. O Yuka ofrécelles alternativas a produtos similares pero de maior calidade. Estes foron algún dos resultados da análise.

 

 

   

 

  • Para finalizar, comeron palomitas de millo seguindo as intrucións de uso dunha máquina de facer palomitas de millo natural. Leron, fixeron un texto instrutivo e levando a cabo cada paso  das intrucións; degustaron palomitas, recién feitas, de millo “ de verdade”. Todo un descubrimento!

 

Competencias: CCL, STEM, CPSAA, CE

Materias: Lingua castelá, lingua galega, matemáticas, ciencias naturais. 

KAMISHIBAI

O KAMISHIBAI  é unha maneira moi popular xaponesa de contar historias empregando ilustracións, textos e a voz dun narrador ou narradora.

O alumnado, de Proxecto Competencial, de 5º  de Ed. Primaria adicouse durante un tempo deste curso a  crear e recrear  historias para despois contalas neste formato. Botáronlle imaxinación para crear as historias e ilustralas. Logo plastificaron no formato axeitado, a continuación ensaiaron e finalmente actuaron para o público máis selecto:  Ed. Infantil, 1º e 2º de Ed. Primaria. 

     

 Competencias: CCL, CPSAA, CE, CCEC

Materias: Lingua galega, matemáticas, ciencias sociais, ciencias naturais, Ed. plástica e visual.

Avaliación formativa

Na área de Educación Física implementamos no presente curso a avaliación formativa. Nas imaxes durante o traballo para manter un ritmo de carreira estable ou durante a análise de certos aspectos no deporte de raqueta Pickleball.

COMPETENCIAS: CCL, STEM, CPSAA, CE.

Entroido tradicional de Vilardevós

Entroido tradicional, Vilardevós ( Ourense). Chocalleiros

 

Curso 2023/24

 

Obxectivos:

 

  • Coñecer o entroido tradicional de Viladervós ( Ourense)
  • Elaborar un traxe de Chocalleiro

 

Competencias: CCL, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

 

Materias: Lingua galega e literatura, Educación plástica e visual e ciencias sociais.

 

Tarefa:

 

            O noso centro participa nun programa relacionado co entroido tradicional dos diferentes lugares de Galicia. Este curso o entroido escollido son os Chocalleiros de Vilardevós en Ourense.

 

                O alumando de 6º curso disfrazámonos de Chocalleiros e fomos o 2 de febreiro ata Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde se celebra a mostra de entroido tradicional.

 

                A primeira parte foi a investigación do traxe e da zona onde é tradicional.

 

                A segunda parte é a elaboración do traxe. Para iso o alumnado tivo que traer unha tela que sería a base da capa. As cintas de cores neste caso  as fixemos de bolsas de lixo recortadas. O alumnado en grupos de traballo, preparaba, recortaba e clasificaba as tiras. Despois eses mesmos grupos dedicouse a pegar esas tiras na capa.

    

 

       

         Por outra banda elaboráronse as “botas” e os gorros de Chocalleiros engadíndolles a mascota do centro “Viondiño”.

   

 

CARTAS QUE VAN E VEÑEN

Os alumnos/as de 1º,3º e 4º de primaria estiveron intercambiando postais e cartas cos do mesmo curso dos CEIPS Barrié de la Maza de Santa Comba e Pedrouzos de Brión. Felicitámonos o Samaín e o Nadal e tamén nos contamos  como celebramos o Entroido nos nosos coles  e cales eran os disfraces escollidos por cada un.

Este ultimo envío  foi por correo electrónico, xa que estamos aprendendo a utilizar os ordenadores.

 (CCL,CD,CPSAA, CCEC )

ATRANQUE DAS XENERALAS

Cada ano realízase a actividade "Encontro entre xeneralas"; regueifa popular de Entroido da zona do Ulla.

 

 

COMPETENCIAS: CCL, CD, CPSAA, CC, CCEC

MATERIAS: Lingua, Sociais, Plástica e Audiovisuais, Música.

 

DOCUMENTAL "ENTROIDO DE VILARDEVÓS"

O alumnado do  3º ciclo, de Ed. Primaria, estivo traballando sobre o Entroido tradicional galego centrándose no concello ourensán de Vilardevós co gallo da XI Mostra de Entroido de Lamas de Abade que este ano se centra na figura do chocalleiro.

Velaí vai o documental que recolle a esencia deste Entroido!

Competencias: CCL, STEM, CD, CPSAA, CE, CCEC

Materias: Lingua galega, ciencias sociais.

Festival de Nadal E.I. 2023

Este vídeo non podemos reproducilo directamentePero si clicades na imaxe poderedes velo doutro xeito (desculpade as molestias).

 

 

 

Isto vai de película!!!

Proxecto audiovisual integramente desenvolvido polo alumnado de 4º de Primaria e que consistiu en:

 1ª FASE de PREPRODUCIÓN:

Preparación da entrevista coa directora de cine Olga Osorio.

Visionado no cine da película "Salta".

Creación do guión e necesidades (casting, localizacións, escenografía) para o rodaxe do trailer da película.

 2ª FASE de RODAXE:

Orde de rodaxe.

Scrip.

Rodaxe da entrevista e da creación artística.

Ensaios e rodaxe do trailer.

3ªFASE de POSTPRODUCIÓN:

Montaxe e edición.

 

 

 COMPETECIAS:CCL, STEM, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC

Materias: Matemáticas, Lengua, Lingua, E. Plástica e Visual, Música, Sociais e Naturais.

VI MOSTRA DE TEATRO OLIMPIO ARCA CALDAS

o luns 27 de novembro o alumnado de 4ºB participou na "VI mostra de teatro Olimpio Arca Caldas" coa adaptación do conto "Dez Vagalumes" de Xoan Babarro González.

 

 COMPETECIAS:CCL, STEM, CPSAA, CC, CCEC

Materias: Matemáticas, Lingua, E. Plástica e Visual, Música, Sociais e Naturais.

Distribuir contido


by Dr. Radut