blogue deSara

Participantes no concurso o Fogar de Nino

PARABÉNS RAPAZADA POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO!

 

Aquí tendes a todos os participantes coas súas maquetas "O Fogar de Nino"

Polo que podedes ver, todos os fogares eran espectaculares, polo que, decidimos agasallar a todos os nosos participantes cun diploma e detalliño personalizado.

¡Espero que vos agradara tanto coma nós os vosos traballos! PARABÉNS.

 

 

 

 

 E despois de moito debater ... a nosa gañadora foi TAMARA de 2º E.P!!

PARABÉNS TAMARA!

 

 

 

Concluimos a nosa semana do libro

¡ CONCLUIMOS A NOSA SEMANA DO LIBRO !

 

Hoxe os rapaces de infantil disfrutaron do contacontos e taller "Tengo un volcán", dinamizado pala nosa mestra de 4ºEP. 

Unha vez máis, ¡GRACIAS RAQUEL!

 

 

 

E como PECHE FINAL nesta semana tan especial, non puido ser doutra maneira que coa APARICIÓN ESTELAR do noso NINO.

 

 

Na baixada o recreo toda a cativada atopouse a Nino entre os seus fermosísimos fogares cunha carta baixo o brazo.

 

 

 

* Non me gustaría concluir esta publicación sin agradecerlle a Teresa Couso (miña nai) todo o tempo, dedicación e traballo empregado na creación do noso Nino. A cara de ilusión e alegría dos nenos foi tan espléndida como o teu traballo mamá. ¡GRACIAS POR SER UNHA ARTISTA!

Contacontos 1º e 2º Semana do libro

CONTACONTOS " ÁS VECES MAMÁ TEN TRONOS NA CABEZA"

 

Onte os nenos e nenas de 1º e 2º E.P tiveron a sorte de poder gozar dun contacontos e taller feito pola nosa mestra de 4º E.P.

¡ GRACIAS MESTRA RAQUEL! 

 

 

 

Día do libro

¡Día do libro!

Todo o alumnado fixo a portada do seu libro favorito e este foi o resultado final.

Concerto didáctico Quiñones de León.

CONCERTO DIDÁCTICO

"O MISTERIO DO QUIÑONES DE LEÓN".

 

 

Esta semana o noso alumnado de 4º e 5º de EP, tivo a gran sorte de poder gozar do concerto que nos ofreceron os mestres/as da escola municipal de música de Vigo.

 

Onde presentaron un concerto con diferentes xéneros musicais e o mesmo tempo ían narraban a historia e misterios do pazo o cal acudimos. 

 

 

Biblio patio

¡BIBLIO PATIO!

 

A nosa biblio patio vai collendo forma e cor. Os nosos nen@s están moi ilusionad@s con este novo recuncho para ler.

 

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!

Lembrade que todas as familias estades convidadas a participar no concurso "O fogar de Nino". Teredes que deseñar e elaborar unha maqueta onde creades que vive a nosa mascota.

O prazo máximo de entrega será o luns 22 de abril para expoñela no centro durante a semana do libro.

Taller instrumentos tradicionais

TALLER DE INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS!

Voltamos das vacacións de semana santa cun taller dedicado a Reconquistiña e os instrumentos tradicionais galegos.

Coñecimos a  historia e procedencia de moitos instrumentos novos.

 Aquí podedes ver algúns anaquiños

 

Pasámolo moi ben aprendendo e tocando as cancións que nos ensinaron. GRACIAS CHICOS!

Reconquistiña 2024

¡ASÍ  DISFRUTARON OS NOSOS NEN@S NA RECONQUISTIÑA!

Este ano foi moi especial, xa que fumos especialmente guap@s estrenando traxes novos. Mil gracias Marisa e compañeiras! 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet