blogue deYoel

Saida ao Castro

Saída ao Castro

Hoxe, os alumnos e alumnas de infantil e primeiro de primaria saímos a visitar a fortaleza do Castro. Paseamos polos seus camiños, visitamos os seus muros e miradoiros, conducimos polo seu circuíto de educación viaria e, sobre todo, xogamos nos seus parques.

Contos pola semana do libro

Para conmemorar a semana do libro, en infantil inventamos o noso propio conto. Empezamos completando os ocos dentro dun texto, e rematamos inventando o noso propio desenlace. Na imaxe poderedes ler o conto coas partes inventadas polas nenas e nenos resaltadas en laranxa.

Día Mundial da Saúde

O pasado venres festexamos o Día Mundial da Saúde con un mural no que as alumnas e alumnos recoñecen e representan o que necesitamos para estar sans. Os nenos/as recoñeceron a necesidade de descanso, de actividade física, de respirar, de amor, de coidado, de ledicia, de hixiene dental, de coidados médicos e dunha dieta saudable.

Día Mundial dos Dereitos do Consumidor

A semana anterior celebramos o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor mercando nunha tenda de xoguetes dentro da aula. 

Xornal pola semana da prensa

Con motivo da semana da prensa, elaboramos este xornal con novidades que as nenas e menos escolleron da súa actualidade. Esperamos que vos guste!

Powered by Drupal - Design by artinet