SAÍDA AO INSTITUTO POLITÉCNICO DE VIGO

 

Hoxe foi o día para ir de visita ao I.E.S. Politécnico de Vigo, xa puidemos percorrer

algún corredor, ollar algunhas aulas, certo que non foron tantas como pensabamos,

pero dicir que foi divertido o paseiño.Xa somos grandes!

Comezamos no salón de actos, alí escoitamos aos rapaces da ESO falar sobre

cousas interesantes do instituto.

 

 

 

 

 

 

 

E a nosa Orientadora do cole acompañounos na visita para non perdernos e axudarnos

en todo momento.Graciñas!

Despois de tanto falar, chegou o momento de comezar o percorrido polos corredores

 do instituto, aulas, cafetería, ximnasio...

Primeira parada, o laboratorio, esperemos que teñamos dentro da clase de 6º de

primaria algún químico, médico, etc.

 

 

Moitos botes con líquidos interesantes para ir artellando cando os mestres do instituto

decidan baixarnos ao laboratorio a facer pequenas mezclas.

Que pode ocorrer? O curso que ven o vamos saber?

 

Segunda paradiña,toca a biblioteca que ten moi boa pinta, temos un

buzón interesante de suxerencias chamado "Desiderata", se pedimos ese libro de

lectura o instituto o compra para telo na biblioteca.  

 

 

Entre tanto paseo e percorrendo un longo corredor, paramos na cafetería en busca do

noso saco especial, facemos como os trasnos, andamos sempre argallando algo... 

 

Terceira paradiña ou mellor dito a cuarta, xa que na cafetería non houbo tempo

de fotografías por estar fedellando. Pero da aula de tecnoloxía temos algunha, dicir

que mola moito, desfrutamos ollando os escornabot e outros obxectos interensantes

que teñen nesas aulas tan grandes.

 

Que ven viña algunhas destas ferramentas para poder artellar actividades interesantes

nas clases dos maoires en primaria.

 

Quinta parada, tocou interacturar cos outros nen@s dos colexios, pero os nosos

monitores tan mozos non se aclararon na repartición de equipos e acabamos todos

xuntos, excepto un que acabou só entre tantos nen@s descoñecidos, pero soubo

solucionar o problemiña socializando con tod@s eles.

 

Despois de tanto xogar e disfrutar cos monitores dos xogos, toca retomar a visita.

Última parada, visitar a aula de debuxo, isto é esencial, porque podemos ter futuros

profesionais do arte, veremos que ocorre co tempo...

 

 

E despois de tanto esforzo e enerxía consumida toca a parte máis interesante, un

pequeno agasallo sorpresa que tivemos dese trasno que sempre anda rondando a

clase de sexto de primaria.

Que cariñas de felicidade! Ese é o mellor regalo para o trasno da clase.

De regreso ao colexio e cunha aventura que contar nas nosas casas.

 

Powered by Drupal - Design by artinet