Complementarias

Día de Rosalía 2023

Aquí tedes o resumo das actividades realizadas no día de Rosalía.

Entroido 2023

Aquí tedes un vídeo-resumo sobre as diferentes actividades do Entroido 2023. Desfrutádeo!

 

Luns de Entroido: tapóns

Durante a semana de Entroido, o noso Meco particular, da instrucións cada día de como temos que vir ao colexio.

Neste caso, o luns temos que asistir con algo feito con tapóns...Reciclaxe e creatividade a partes iguais!

 

 

Contacontos 3º e 4º de Primaria: O misterio do ourizo máxico

O martes 20 de decembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, desfrutou dunha sesión de contacontos: "O misterio do ourizo máxico".

Actividades no Castro de Viladonga

Aquí tedes unha pequena mostra das actividades levadas a cabo nas dúas saídas ao Museo do Castro de Viladonga.

25 Novembro no CEIP Ramón Falcón

Aquí tedes o vídeo-resumo das actividades levadas a cabo polo 25 de novembro en contra da violencia de xénero. Un lapbook que recolle unha analoxía entre o proceso de reciclado do vidro e as actitudes positivas para erradicar a violencia de xénero. 

Visita ao MIHL polo alumnado de Educación Infantil e de 1º e 2º de Primaria

Aquí tedes un pequeno resumo sobre a visita do alumnado máis pequecho do CEIP Ramón Falcón ao MIHL, museo situado na cidade de Lugo. Esperemos que vos guste.

Visita ao rocódromo da cidade de Lugo

O luns 21 de novembro de 2022, o alumnado de 3º a 6º de Primaria, desfrutou das instalacións do rocódromo da cidade de Lugo. Alí puxeron a proba as súas capacidades físicas mediante a escalada. Aquí tedes un pequeno resumo.

Samaín 2022

Aquí tedes un breve resumo da celebración do Samaín 2022. Esperemos que vos guste e non pasedes medo!

Magosto 2022

Aquí tedes un breve resumo da celebración do Magosto 2022 no CEIP Ramón Falcón.