Complementarias

Visita ao centro da sociedade de cetrería da Terra Chá

O xoves 4 de novembro, visitaron o noso centro, María y José, membros da sociedade de cetrería da Terra Chá. Faláronnos de moitos paxaros (corvos, cucos, pegas...), explicaron en que consiste a cetrería e amosáronnos o falcón Jimena e a aguia Turca. Un auténtico espectáculo!

Concurso ciberseguridade 5º e 6º

O alumnado de 5º e 6º de Primaria participou no concurso de ciberseguridade xunto media ducia de centros de Galicia. O concurso consistiu en realizar un kahoot desde cada clase. 

Saídas á biblioteca do Concello

No comezo do curso 2021/2022, realizamos dúas saídas á biblioteca do Concello de Castro de Rei. Alí, desfrutamos dunha sesión de contacontos e dun espectáculo de maxia. Botádelle un ollo ao vídeo!

Entroido 2021

Este Entroido atípico, o CEIP Ramón Falcón celebrouno durante unha semana cós mandados do Meco: o luns algo na cabeza, o martes algo do revés, o mércores algo no corpo, o xoves algo nos pés e o venres disfrazados ou coa roupa de durmir.

Tamén, elaboramos un mural coas máscaras e mascarillas decoradas polo alumnado. Esperemos que vos guste!

Día escolar da non violencia e da Paz no CEIP Ramón Falcón

O CEIP Ramón Falcón celebrou o día escolar da non violencia e da paz uníndose a iniciativa de UNICEF: en busca da vacina contra a violencia e a favor do bo trato. Aquí poderedes ver unha pequena montaxe visual dos traballos realizados polos diferentes cursos. Esperamos que vos guste e o desfrutedes!

Mes da ciencia no CEIP Ramón Falcón

Durante o mes de novembro, no CEIP Ramón Falcón celebramos o mes da ciencia cunha proposta sobre as habilidades STEAM. Cada grupo de nen@s e os seus mestres traballaron un aspecto destas ensinanzas: arts, maths, enginering, science and technology. Esperemos que vos guste o noso traballo!

25 de novembro: día contra a violencia de xénero

25 de novembro: día contra a violencia de xénero

Dende o CEIP Ramón Falcón poñemos o noso gran de area cun mural (escaleira de bos desexos) feito entre tod@s e cun vídeo feito polo alumnado de 5º e 6º, dirixidos maxistralmente por Luz, a nosa teacher. Lembrarvos que todos os días do ano son importantes para acadar o respeto e a igualdade que tod@s merecemos!

Visita a El Progreso

O día 6 deste mes fixemos unha visita ó diario de Lugo El Progreso. Os nosos alumnos viron as instalacións e poideron facer unha primeira páxina coa nova da nosa visita.

Aqui está a noticia tal e como se publicou no Progreso ó día seguinte.

Excursión ó Lugo romano

Excursión ó Lugo romano