Complementarias

Contacontos "Amadeo e as historias do galiñeiro"

Para comezar este curso escolar, o día 15 de setembro, realizamos unha saída á biblioteca do Concello para asistir a unha sesión de contacontos.

"AMADEO E AS HISTORIAS DO GALIÑEIRO"

Sesión de maxia na Biblioteca do Concello e concerto didáctico no colexio

O día 20 de xuño, o alumnado de Primaria visitou a Biblioteca do Concello para asistir a unha sesión de maxia, a cargo do mago Pedro Bugarín. Pasárono xenial!

Concerto didáctico na biblioteca do Concello e masterclass de pesca no río Azúmara

O luns 30 de maio, todos os cursos do colexio, visitaron a biblioteca do Concello de Castro de Rei para asistir a un concerto didáctico impartido por Xoán Curiel, onde foron protagonistas o ukelele, a guitarra e varios instrumentos non tan convencionais para contar a historia da súa vida coa música.

Camiñata polo río Azúmara

Aquí tedes unha mostra da camiñata realizada polo alumnado de Educación Primaria polo sendeiro PR-G 154 (Ruta do río Azúmara).

O alumnado do CEIP Ramón Falcón na busca dos coellos de chocolate

O venres 8 de abril, o alumnado do centro realizou unha busca por todas as dependencias do colexio para atopar os coellos de chocolate. Aquí tedes un pequeno resumo.

Formación para o alumnado na radio e na creación de podcast

O luns 28 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Primaria, recibiu unha formación sobre o funcionamento da radio escolar e a creación de podcast, a cargo da profesional da cadena SER, Sara Meijide. Aquí tedes unhas fotos do evento e tamén os podcast que o alumnado creou. Esperemos que vos guste!

 

8 marzo: día internacional da muller

O día 8 de marzo, no colexio celebramos o día internacional da muller realizando varias actividades:

PROXECIÓN DO DOCUMENTAL "AS NOSAS MULLERES"

Un fermoso documental sobre a vida de diferentes mulleres do concello de Castro de Rei.

Aquí podedes ver o recorte do xornal sobre este interesante documental.

Entroido 2022

Presentación sobre a feira deportiva do Entroido 2022. Esperemos que vos guste!

Podcast contra a violencia de xénero realizado polo alumnado de 5º de Primaria

O alumnado de 5º de Primaria, baixo a direción da súa titora, María, elaborou un podcast contra a violencia de xénero. Escoitemos, aprendamos e reflexionemos ante esta problemática social.

Samaín e Magosto 2021

O venres 29 de outubro celebramos o samaín e o magosto no centro. Aquí tedes un vídeo-resumo das actividades que fixemos! Esperemos que vos guste!