Proxecta +: Centros activos e saudables

Presentación "Road to París". Plan Proxecta + 2023/2024

Durante o presente curso escolar, o alumnado de Educación Primaria levará a cabo o "Road to París" (Plan Proxecta+). Unha serie de retos mensuais que deberán superar mediante o traballo colaborativo en grupos formados por alumnxs de diversos cursos, tendo como fío condutor a celebración dos Xogos Olímpicos en París no 2024. Aquí tedes a presentación da actvidade!

 

Máis que Básket no rural (Fundación Breogán)

Vídeo resumo sobre todas as actividades propostas pola Fundación Breogán no seu programa "Máis que Básket no rural". Moitas grazas por achegarnos o básket a Castro de Rei.

 

Máis que basket no rural

A partires do luns 9 de outubro, a fundación Breogán organiza, nos dous centros educativos de Castro de Rei (Veleiro Docampo e Ramón Falcón), a actividade Máis que basket no rural. Moitas grazas por traernos esta marabillosa iniciativa!

 

Ruta do Miradoiro da Terra Chá e Área Recreativa de Penas de Rodas

Aquí tedes un resumo sobre a ruta realizada por todo o alumnado do colexio polo Miradoiro da Terra Chá e a estancia na Área Recreativa de Penas de Rodas.

 

Día mundial do Medio Ambiente 2023

Vídeo-resumo das actividades realizadas para conmemorar o día mundial do Medio Ambiente. Tamén, nas vindeiras semnas realizaremos unha camiñata por un sendeiro.

 

II Liga de Cachibol

Rematou a II Liga de Cachibol, que se levou a cabo durante o terceiro trimestre. Os equipos enfrontáronse entre eles mostrando moi boas habilidades.

CAMPIONS:

1º CICLO: As estrelas

2º CICLO: Os fantasmas

3 CICLO: Os murciélagos

Día das Letras Galegas 2023

Vídeo-resumo das actividades realizadas polo alumnado para a celebración do día das Letras Galegas. 

 

Recomendacións sobre a actividade física e sedentarismo

Aquí tedes unha serie de recomendacións sobre a actividade física e o sedentarismo en cada franxa de idade. Estas recomendacións están expostas no hall do centro para que tod@s poidamos botarlles unha ollada!

Día da Educación Física na rúa 2023

Aquí tedes un resumo sobre as actividades realizadas na Carballeira de Castro de Rei polo alumnado de Educación Infantil e Primaria coa finalidade de celebrar o día da Educación Física na rúa.

 

Liga raquetas 2023

Aquí tedes o resumo da II Liga de raquetas celebrada durante o 2º trimestre para os cursos de Educación Primaria do CEIP Ramón Falcón.