Proxecta +: Centros activos e saudables

Visita ao rocódromo da cidade de Lugo

O luns 21 de novembro de 2022, o alumnado de 3º a 6º de Primaria, desfrutou das instalacións do rocódromo da cidade de Lugo. Alí puxeron a proba as súas capacidades físicas mediante a escalada. Aquí tedes un pequeno resumo.

I Liga de Indiaka

Comeza o mes de novembro e con el a primeira liga de Indiaka nos períodos de ocio.

Para comezar, cada equipo elaborou os seus escudos representativos e o seu nome para colgalos no mural onde cada semana aparecerán os distintos enfrontamentos.

Despois de todos os preparativos, comezaron os enfrontamentos entre os distintos equipos.

Magosto 2022

Aquí tedes un breve resumo da celebración do Magosto 2022 no CEIP Ramón Falcón.

Patios dinámicos 2022/2023

Durante o curso escolar 2022/2023, e dentro do Plan Proxecta +, levamos a cabo os coñecidos coma "Patios dinámicos".

Caixa de materiais para cada curso de Educación Primaria.

Xogos no pavillón deportivo.

A chave do almacén

Onde estará a chave que abre a porta do almacén?

Camiñata polo río Azúmara

Aquí tedes unha mostra da camiñata realizada polo alumnado de Educación Primaria polo sendeiro PR-G 154 (Ruta do río Azúmara).

Día da Educación Física na rúa (27/04/2022)

O mércores 27 de abril, o CEIP Ramón Falcón celebrou o día da educación física na rúa, cunha actividade diante do concello e da carballeira da vila.

A actividade  dende 3º a 6º de Primaria, consistiu nun traballo masivo sobre as capacidades físicas básicas durante 45 minutos aproximadamente, cun quecemento previo e unha volta á calma. 

Ligas nos recreos do 3º trimestre

Durante o 3º trimestre, durante os recreos, levaranse a cabo diferentes ligas:

1º e 2º: habilidade con balóns por parellas.

3º e 4º: habilidade con raquetas.

5º e 6º: bádminton.

Resultados liga cachibol

Aquí tedes os resultados finais das ligas de cachibol celebradas durande os recreos. Noraboa a todos os participantes e de xeito especial, aos equipos gañadores.

O alumnado do CEIP Ramón Falcón na busca dos coellos de chocolate

O venres 8 de abril, o alumnado do centro realizou unha busca por todas as dependencias do colexio para atopar os coellos de chocolate. Aquí tedes un pequeno resumo.