Proxecta +: Centros activos e saudables

3/12/2021

O 3 de decembro do 2021, o alumnado de 1º e 2º de Primaria conmemorou o día internacional das persoas con discapacidade, realizando diversas actividades con antefaces para empatizar coas persoas con discapacidade visual.

Acrosport con materiais contra a violencia de xénero

O CEIP RAMÓN FALCÓN uniuse na loita para a eliminación da violencia de xénero mediante unha actividade cooperativa e inclusiva, como é o acrosport. Tamén empregaron distintos materiais na elaboración da súa menxase. 

Ligas organizadas de xogos

No mes de novembro, comezamos coa 1º liga de cornhole, un xogo provinte dos E.E.U.U que consiste en meter un saco de area por un burato dende unha distancia.

Cada curso xogará entre eles durante dez xornadas aproximadamente e en todos os encontros haberá un árbitro ou árbitra que será o encargado de impartir xustiza, cubrir a acta do encontro e buscar o material de xogo.

Patios dinámicos e activos

Ao comezo do mes de outubro, retomamos a iniciativa dos patios dinámicos e activos no noso centro.

En Educación Infantil, dispoñemos de material (pelotas e cabalos saltaríns) durante todos os períodos de lecer. Un día á semana, tamén empregarán outro tipo de materiais de psicomotricidade e/ou realizaremos sesións de baile.