Curso 2022-23

Despedida alumnado de 6º de primaria. Xuño 2023.

 

Felices vacacións e sorte na nova etapa que ides empezar! Ata sempre!

 

Horario mes de xuño

Lembramos ás familias que o vindeiro XOVES día 1 de xuño cambiará o horario de entrada e saída do colexio.

 

HORARIO MES DE XUÑO

 

XORNADA LECTIVA DE 9:40h A 14:30h

 

Apertura de portas para acceso ao colexio 9:30h

 

COMEDOR DE 14:30h A 15:40h

 

15:40 SAÍDA ALUMNADO DO CENTRO

 

Prégase puntualidade ás familias do alumnado non transportado.

 

 

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDA PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2023/2024

Estimadas familias, publicouse a convocatoria para o fondo de libros e axudas para libros de texto e material escolar para o vindeiro curso. Toda a información na

ORDE do 10 de maio de 2023

Destinatarios: 

- Fondo solidario de libros: alumnado de 3º, 4º , 5º e 6º curso de Ed. Primaria.

- Axudas de libros de texto: 1º e 2º curso de Ed. Primaria.

- Axudas para material escolar: alumnado de 1º a 6º curso de Ed. Primaria.

Prazo de solicitude: ata o 21 de xuño de 2023.

Documentación a presentar se procede:

  • Anexo I e II debidamente cumprimentado.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor. Excepcionalmente (cando non sexa posible facelo polos medios anteriores), poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios: 
  1. Certificado ou volante de convivencia.
  2. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado de discapacidade do/da alumno/a ou calquera membro da familia non expedido pola Administración autonómica.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor ou titores carezan de DNI e NIE.

A renda a ter en conta é a do ano 2021.

Formularios: poden presentalos no formulario anexo I a través da aplicación electrónica  (https://www.sede.xunta.gal) ou presencialmente no centro de 09:30 h a 13:00h no horario de secretaría.

Pode descargar a solicitude aquí: Anexos I e II

 

BECAS E AXUDAS NEAE- 2023-2024

As familias interesadas en solicitar as Becas e Axudas de NEAE deberán presentar a documentación debidamente cumprimentada e asinada no centro dende o 8 de maio do 2023 ata o 20 de setembro do 2023 (ambos inclusive). 

A partires dese momento, o Departamento de Orientación elaborará os informes oportunos e encargarase, xunto coa dirección, de enviar as Becas ao organismo responsable para a súa valoración. 

Prema no seguinte enlace para acceder á convocatoria: 

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

LISTAXE PROVISIONAL ALUMNADO ADMITIDO CURSO 2023/24

Informamos que todo o alumnado que fixo a solicitude en prazo está provisionalmente admitido

A listaxe definitiva de admitidos sairá o 15 de maio

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño

Día non Lectivo no noso Centro

Queridas familias,

Lembrámosvos que o próximo MARTES 2 de MAIO será NON LECTIVO no noso Centro.

O MÉRCORES 3 retomaranse as clases con regularidade.

Un saúdo
A Dirección

 

 

Día das Artes Galegas

Ca chegada do terceiro trimestre unha nova conmemoración é traballada no noso colexio: O Día das Artes Galegas!!. A clase que o fixo posible foi a de sexto.

Todos eles, convertidos nuns auténticos periodistas de investigación, levaron a cabo un mural e unha reportaxe. Anúnciannos todo Bruno e Samuel na nosa radio. Desfrutade e aprendede do vídeo!

Máis información no noso blogue:

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/04/dia-das-artes-galegas.html

 

Menús comedor Abril a Xuño

Día NON Lectivo

Queridas familias,

Lembrámosvos que o próximo LUNS 13 de MARZO será NON LECTIVO no noso Centro.

O MARTES 14 retomaranse as clases con regularidade.

Un saúdo
A Dirección

 

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

O pasado xoves 23 de Febreiro celebramos o "Día de Rosalía de Castro". As actividades foron moitas e variadas dende a visualización dunha biografía da escritora, a creación propia de chapas ou a plantación de pensamentos, a flor preferida de Rosalía.

Entre todas as aulas fixemos unha flor que adorna a entrada do cole coma símbolo do amor da poeta pola Natureza. Os máis pequenos fixeron unha composición que mesturaba palabras de emoción, sentimento, natureza coa imaxe que nos evocaba; e sempre con Rosalía de fondo. Os maiores empregaron para a súa composición un poema de Rosalía e crearon un propio empregando 4 palabras que escolleran de dito poema. Coma sempre a foto de Rosalía presidindo todas as composicións. Aquí temos o resumo dun fermoso día.

 

Powered by Drupal - Design by artinet