Educación Física

Sara propón un xogo "A Bomba"

Sara de 5º invítanos a xogar á "A bomba" nos tempos de lecer. Non volo perdades!!

 

Nina e "Os Soldados"

Nina de 5º inventou un xogo chamado "Os Soldados", moi entretido e divertido para aproveirar os tempo de lecer. Ollade!!

Noela e "Pedra, papel, tesoira"

Noela de 5º propón empregar un xogo tradicional coma é "Pedra, papel, tesoira" doutro xeito. Unha divertida actividade para os tempos de lecer. Ollade!!

 

GATOS XEMELGOS

O alumnado de 5º, da man de Lía Enríquez, propón "Gatos Xemelgos" como unha posibilidade de xogo para o patio e os tempos de lecer.

 

Un serán co CLUB DE PETANCA de Bandeira

O alumnado de 4º de primaria tivo a sorte de pasar unha tarde moi divertida co CLUB de PETANCA de Bandeira grazas ao proxecto XOGADE "Coñece o teu club".

XOGAMOS CON XOGADE

XOGADE é unha iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma,

Os nenos e nenas dende 4º de Primaria ata 6º participaron nesta iniciativa onde viviron momentos moi emocionantes, divertidos e levaron unha que outra alegría. Aquí deixamos un pequeno resumo!!

 

Recomendacións e recursos para tempos de recollida na casa

No blog da Área de Educación Física: "Xogando na escola", atoparás  propostas e recursos  para entreterte os días que tes que estar na casa

 

Pincha aquí

Visitounos o avó de Rosalía e Candela

Hoxe tivemos a visita de Ramiro Agra, o avó de Rosalía e Candela. Estivo na Radio Garabullo contando un montón de curiosidades do Peón, un xoguete moi valorado polos rapaces e rapazas desta escola. O mellor de todo a sorpresa que nos deu cun peón tallado a  man por el. Fermoso!!!

Escoitade e veredes canto aprendedes!!

Xornada Campo a Través Terra do Deza

O Recinto Feiral Semana Verde, foi o escenario da Fase Zonal Terra do Deza de Campo a Través en idade escolar, na que participaron cerca de 800 alumnos de Rodeiro, Agolada, Lalín, Silleda, Vila de Cruces e Dozón. A proba organizada pola Agrupación Deportiva Escolar O Pino contou ca presenza de todos os colexios da zona, no que se encontraban os alumnos e alumnas de segundo a sexto do noso colexio. O cross comenzou ás 10:30 e a entrega de medallas tivo lugar pasado o mediodía. Todos os participantes foron agasallados con bizcocho e chocolate pola organización, nunha xornada rodeada de gran ambiente e deportividade!!

(Na imaxe pódedes ver a Uxía, Luam, Jaime, Reina Esther e Alba que foron os gañadores do noso cole)

Powered by Drupal - Design by artinet