Proxecto TERRA

A Liga saudable

No cole estamos a participar nun concurso online relacionado con hábitos de vida saudable. Este concurso consta de 3 rondas, finalizando a primeira o 30 de novembro. Xa chogamos a este scaperoom na aula, pero podedes mellorar a puntuación nas vosas casas, só tedes que facer click na vosa aula e entrar co voso numero de lista (se non vos abre en chrome, probade noutro navegador).

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

5º PRIMARIA

6º PRIMARIA

Aquí tedes algunha imaxe da actividade levada a cabo na clase:

Creación do recuncho da reciclaxe.

Nos primeiros dias de setembro creamos este recuncho para promover a reciclaxe.

https://www.youtube.com/watch?v=rIPthhNftcg

As patrullas de patio

Coma todos os anos continuamos coas nosas patrullas de patios, as que están pendentes día día de que o noso patio se manteña limpio de lixo.

Como novidade este ano temos os grupos mesturados de forma que estamos con compañeiros de diferentes idades.

Limpeza e acondicionamento do horto

E chegou o momento de preparar o horto! Arrancamos herbas, sachamos, e deixamos todo listo para comezar a plantación deste curso!.

 

En Maio, Ponte a Xogar!!

Esta actividade propuxoa o programa de radio Ponte nas ondas, e o noso alumnado de 4º empezou a retomar os xogos tradicionais, e co paso dos dias foronse sumando nenos de outras clases.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/06/en-maio-ponte-xogar.html

Celebramos o día contra o acoso escolar

O alumnado de 3º creou o recuncho riquiño, un espazo do cole para relaxarse, desafogarse, charlar, divertirse... Entre todo o cole estaremos atentos a se algún compañeiro ou compañeira acode ao lugar e precisa axuda.

 

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/05/dia-internacional-contra-o-acoso-escolar.html

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/06/recuncho-riquino.html

A festa das nosas letras

O alumnado de 4º fixo un enorme traballo sobre a biografia do autor homanexeado nas letras este ano (Francisco Fernandez del Riego), con el participamos no concurso Podcast na biblio e amosomolo o resto de aulas no noso festival.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/05/concurso-francisco-fernandez-del-riego.html

No festival, participaron todas as aulas con distintas cantigas.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/05/festival-letras-galegas-2023.html

Participación no Concurso de debuxo infantil da muralla de Lugo

O alumnado de 5º elaborou uns fermosos traballos para participar neste concurso, que nos permetiu coñecer outros elementos que forman parte da nosa paisaxe e da nosa historia.

Celebración do día do libro

Entre as distintas actividades que se realizaron para festexar este dia (intercambios lectores, recomendacións lectoras,etc...) colaboramos especialmente na actividade Libros que alimentan, cconsistente en intercambiar alimentos perecereiros por libros que xa non se empregan, mais están en bo estado e merecen unha segunda vida. Os alimentos recaudados donaránse aos servicios sociais do concello para que os distribuan entre aquelas familias mais necesitadas.

http://bibliotecaadevesa.blogspot.com/2023/05/libros-que-alimentan.html

Powered by Drupal - Design by artinet