8 de marzo, Día Internacional da Muller

O 8 de marzo conmemorase o Día Internacional da Muller, co obxectivo de acadar a consecución da plena igualdade en todas as súas formas e rexeitando calquera tipo de discriminación ou violencia contra as mulleres e as nenas. Hoxe tiveron lugar distintas charlas dirixidas ao alumnado de educación primaria e impartidas por mulleres que aportaron a súa perspectiva no desempeño do seu labor  profesional e a súa experiencia de vida persoal:

1º e 2º de educación primaria: Charla impartida por María Castro Andrade, condutora de autobús. Ten unha longa experiencia xa que leva 26 anos traballando como condutora no sector.

3º e 4º de educación primaria: Charla impartida por Ana Belén Monteagudo Diz,  doutora  en xenética pola Universidade de Santiago de Compostela.

5º e 6º de educación primaria: Charla impartida por Gabriela Barrero Mata. Voluntaria en Cruz Vermella. Licenciada en arquitectura, traballou en deseño en Venezuela, o se país de orixe.

En educación infantil realizaron actividades de robótica e programación cos Tale-Bot para coñecer as mulleres de Illa Fantasía.

Nos blogs dos distintos cursos estarán dispoñibles as fotos de cada actividade.

Todas e todos contamos

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria participou na actividade incluída no programa de prostostas para os centros educativos de Afundación: Todas e todos contamos.  

A través de diferentes actividades os nenos e nenas participaron do valor da diversidade. Esforzo, empatía, aceptación do diferente, reforzo da autoestima ou respecto son algunhas das ensinanzas desta actividade, impartida por persoas con diversidade funcional.

3º e 4º realizaron actividades circenses mentres que 5º e 6º globoflexia.

 

 

Todas as imaxes da xornada nos blogs de aula.

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2024 2025

As familias que desexen solicitar praza para o próximo curso deberán presentar a instancia e documentación complementaria do 1 ao 20 de marzo.

O alumnado que está actualmente matriculado no centro non ten que realizar ningún trámite xa que ten garantida a reserva de praza.

Neste apartado poden consultar toda a información sobre o centro e a normativa deste procedemento:

Documentación a presentar:

  • Solicitude de admisión – ANEXO II (Documento: ED550B que inclúe o ANEXO II-bis)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente (na actualidade o Rexistro Civil expide certificados de nacemento, de matrimonio... Son documentos válidos para acreditar a filiación) onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor
  • Certificado de matrícula, agás alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos).

Información do proceso. Calendario, prazos de presentación de solicitudes e documentación, normativa, prazas, servizos que oferta o centro...

Solicitude de admisión ANEXO II (galego).

Solicitude de admisión ANEXO II (castelán).

Presentación telemática da solicitude de praza.

Decreto de admisión de alumnado.

Orde de admisión de alumnado.

Instruccións da Dirección Xeral de Centros e R. H.

Resultado do sorteo público para resolver os empates no procedemento de admisión de alumnado no curso 2024/25.

Proxecto educativo.

Tríptico informativo sobre o centro.

Información ANPA

Plano de situación do centro.

Video das instalacións.

En conserxería poden recoller a instancia de solicitude (Anexo II) e a información do centro poden consultala nesta páxina web.

PRIMAVERA DAS LETRAS: LUÍSA VILLALTA

A Real Academia Galega escolleu á nosa escola  para a presentación da edición deste ano do proxecto Primavera das Letras, a páxina web da RAG para achegar ao público infantil á figura que cada ano protagoniza o Día das Letras Galegas, no 2024 Luísa Villalta. A institución presenta cada edición da man da comunidade educativa dun colexio relacionado dalgún xeito coa personalidade homenaxeada,  foi en Sada onde Luísa Villalta exerceu máis tempo como profesora (no IES Isaac Díaz Pardo).

O acto que estivo conducido pola escritora Fina Casalderrey, contou coa presenza do Presidente da Real Academia Galega, de Susana Villalta, irmá de Luísa Villalta e representantes do concello de Sada: o seu alcalde, a concelleira de Deporte, Educación e Xuventude e o concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística. Todas e todos gozamos coa obra de teatro baseada na vida de Luísa Villalta (creada por Xoán Babarro e Ana María Fernández) que o alumnado de 6º de educación primaria do noso centro interpretou. Tamén contamos cun pequeno recitado poético por parte de alumnado do IES Isaac Díaz Pardo.

PÁXINA WEB DA PRIMAVERA DAS LETRAS DEDICADA A LUÍSA VILLALTA

 

Clica na imaxe para ver as fotos da xornada

 Vídeo do acto

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025. RESERVA DE PRAZA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN.

Co obxecto de dar cumprimento ao Artigo 29 da Orde de 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación,  a dirección do IES Isaac Díaz Pardo informa da existencia dun número de prazas suficiente para as reservas de praza formuladas polo alumnado deste centro para o curso 2024-2025.

Plan Director de Convivencia: Charla uso de internet, redes sociais e videoxogos

Entre as actividades programadas pola Comisión de Convivencia do Centro, coa colaboración da Asociación de Nais e Pais,  dentro do Plan Director de Conviencia, o alumnado de 5º e 6º cursos de Educación Primaria participou en unha charla sobre o uso seguro de internet, as redes sociais e os videoxogos. A sesión formativa estivo impartida por Fernando, experto da Garda Civil nestas cuestións.

  

  

 

Festa do Entroido

Debido ás malas condición climatolóxicas non puidemos realizar o desfile polo Paseo Marítimo de Sada, con todo, a xornada estivo chea de disfraces, alegría, orellas, filloas e sobre todo, moita diversión.

Fotos Mandados do Meco

Fotos da festa

 

ADMISIÓN ALUMNADO 2024 2025: XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O proceso de admisión para o curso 2024 2025 comeza o día 1 de marzo, aquelas familias que desexen coñecer máis sobre o noso colexio poden asistir á xornada de portas abertas que realizaremos o mércores día 28 de febreiro ás 16:15 horas.

Para participar nela é preciso inscribirse no formulario ao que accederedes facendo clic na imaxe

Día da Internet Segura

O 6 de febreiro celébrase en todo o mundo o Día da Internet Segura ou o Safer Internet Day #SID2024. O Día da Internet Segura ou Safer Internet Day (SID) é un evento internacional organizado polas redes Insafe/INHOPE de Centros de Seguridade na Internet en Europa, co apoio da Comisión Europea.

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE) https://www.incibe.es/eventos/sid únese á iniciativa internacional e celebra o #DíaDeInternetSegura con actividades para fomentar, entre nenos, novos e as súas contornas máis próximas, un uso seguro e positivo das tecnoloxías dixitais, promocionando as súas competencias nesta materia e axudándolles a ser respectuosos, críticos e creativos, en liña cos principios dixitais europeos.

O alumnado de educación primaria do noso centro participou nos seguintes talleres:

• Taller en liña para alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria: Respecto e res-ponsabilidade na internet.

• Taller en liña para alumnado de 5º e 6º de educación primaria: Protexe os teus dispositivos: aprende a realizar configuracións seguras.

Os talleres consistiron nunha actividade práctica por parte de cada alumno/a, e despois  unha dinámica gamificada con todas as persoas participantes.

Clica na imaxe paa ver a fotos 

Vídeo resumo da Día da Internet Segura 2023 

Mandados do Meco

Na celebración do Entroido deste curso proponse ao alumnado a participación, de maneira voluntaria, na actividade Os Mandados do Meco. Para cada día da semana O Meco realizará unha proposta ao alumnado para que este a cumpra. Os mandandos son acumulables, hai que incorporar o novo ao anterior.

        

Distribuir contido