CALENDARIO ESCOLAR CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

Hoxe, 09 de xullo de 2020, saíu publicada no DOG a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Os comedores escolares funcionarán en educación primaria desde o día 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021.

No segundo ciclo de educación infantil e na educación primaria a impartición efectiva de clases realizarase do día 10 de setembro de 2020 ata o 22 de xuño de 2021, ambos inclusive.

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos e, en todo caso, non se prolongará máis alá do día 30 de setembro de 2020.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

DATAS DE PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL/DEFINITIVA FONDO LIBROS E MATERIAL

Estimadas familias:

O próximo 10 de xullo publicarase a listaxe provisional de fondo libros e material de Educación Primaria para o próximo curso.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous días seguintes á publicación da listaxe provisional.

A listaxe definitiva publicarase o 20 de xullo. Os vales, tanto para libros como para material, haberá que recollelos no centro do 21 ao 31 de xullo.

Para consultar as listaxes, tanto provisionais como definitivas, poderán chamar ao centro (Teléfono: 881880654) ou enviar correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal ou acudir ao colexio en horario de 10.00 a 13.00 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMISIÓN CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe definitiva de admisión para o curso 2020/2021 no CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Por protección de datos, esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro e tamén a través da aplicación AdmisiónAlumnado, para o que será preciso identificarse coa Chave365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso, infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI ADMITIDO.

Nos próximos días avisaremos ás familias para proceder coa formalización da matrícula.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

COMEDOR 2020/2021

Estimadas familias: 

Segundo a Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021, para poder ser usuario deste servizo, haberá que entregar o modelo de autodeclaración antes do día 11 de setembro de 2020.

Para colaborar no comedor, haberá que entregar o Anexo III desta instrución debidamente cuberto, e aportar a acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais. O prazo para entregar a documentación será desde o 22 de xuño ata o 10 de setembro.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PUBLICACIÓN DE NOTAS

Estimadas familias:

A publicación de notas do alumnado de educación infantil da terceira avaliación, ao igual que se fixo para a segunda avaliación, estará dispoñible desde o 19 de xuño a través da aplicación "abalarMóbil" da Xunta de Galicia.

A publicación de notas do alumnado de educación primaria da avaliación ordinaria, ao igual que se fixo para a segunda avaliación, estará dispoñible desde o 19 de xuño a través da aplicación "abalarMóbil" da Xunta de Galicia.

 

Atentamente.

O EQUIPO DIRECTIVO

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMISIÓN CURSO 2020/2021

Estimadas familias:

Pola presente infórmase que acaba de ser publicada a listaxe de admisión provisional de alumnado para o curso 2020/2021 no CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Por protección de datos esta listaxe só se pode consultar presencialmente no taboleiro de anuncios do centro, e tamén a través da aplicación Admisiónalumnado, para o que será preciso identificarse coa chave 365 ou co certificado dixital da FNMT.

En todo caso infórmase que TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU SOLICITUDE FOI PROVISIONALMENTE ADMITIDO.

A listaxe definitiva publicarase o 25 de xuño de 2020.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

REPARTO DE ALIMENTOS DO COMEDOR DO CENTRO

Estimadas familias:

Atopámonos na situación de que no presente curso 2019/2020 non se reiniciará o servizo de comedor, polo que se tomou a decisión de repartir aqueles alimentos existentes nas dependencias do comedor entre as familias da nosa comunidade educativa.

O día no que se poderá recoller tales alimentos será unicamente mañá, 02 de xuño, de 10.00 a 13.20 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

RECOLLIDA DE MATERIAL DO ALUMNADO - IMPRESOS DE COMEDOR

Estimadas familias:

Segundo a Resolución do 22 de maio de 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, os centros educativos permitirán a entrada dos proxenitores do alumnado dende o momento en que se levanten as restricións de movemento, coincidentes coa fase II, coa finalidade de recoller o material dos seus fillos/as. Polo tanto, desde o día 25 de maio, xa se pode solicitar cita para vir recoller este material.

Con respecto aos impresos de comedor correspondentes ao mes de marzo, xa están dispoñibles para a súa recollida no centro. Tamén se pode facer entrega dos impresos pagados correspondentes a meses anteriores.

Para estes efectos, a dirección do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría, atenderá as correspondentes peticións con cita previa, chamando ao 881880654, co fin de evitar agrupacións de persoas no centro educativo. A presencia das nais e pais cumprirá as medidas de prevención.

O horario do centro será de Luns a Venres, de 10.00 a 13.00 horas.

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Estimadas familias:

No día de hoxe, saíu publicada no DOG a Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2020/2021.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto desde o día 20 de maio ata o 19 de xuño, ambos inclusive. O horario de atención ao público será de Luns a Venres, de 10.00 a 13.00 horas. É de obrigado cumprimento o respecto ás medidas de prevención e hixiene (uso de mascarilla...). Tamén se poden recoller os impresos no centro.

As solicitudes poderán presentarse por vía telemática empregando a aplicación informática "fondolibros" (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou ben presencialmente nos propios centros docentes, así como en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenxa xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2018, agás no caso de violencia de xénero, en que se aplicará o disposto na lexislación específica.

A data máxima para a devolución de libros empregados neste curso 2019/2020 en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria será o 07 de xullo, inclusive (se é posible, para unha mellor organización no centro, realizar esta devolución ata o 19 de xuño).

Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

 

 

 

PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO E OUTROS PROCEDEMENTOS

Estimadas familias:

No día de hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 05 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos no Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. No ámbito educativo estableceu os seguintes acordos:

  • Acordo sobre o reestablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
    • O prazo iniciarase o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
    • Formalización de matrícula en educación infantil e primaria: do 01 ao 10 de xullo.
  • Acordo polo que se modifican as instrucións de presenza dos equipos directivos e doutro persoal nos centros educativos de ensino non universitario.
    • A partir do día 11 de maio, é obrigada a presenza do director ou profesor responsable os días precisos para a realización dos trámites de escolarización e presentación da documentación ou doutros procedementos. Polo tanto, o centro educativo permanecerá aberto desde o día 11 de maio, de 10.00 a 13.00 horas, para atender este tipo de trámites ou outros procedementos.

Para calquera dúbida, poden chamar ao 881880654 ou enviar correo electrónico a ceip.santaeulalia.dumbria@edu.xunta.gal


Atentamente,

O EQUIPO DIRECTIVO

Powered by Drupal - Design by artinet