Certamente, o primeiro xa non é unha novidade, somos centro ABALAR xa dende o pasado curso.
QUE É UN CENTRO ABALAR?
O noso centro participa dende o pasado curso nun programa desarrollado pola Consellería de Educación que contempla dotar de miniportátiles e wifi de alta velocidade, ademais de EDI e un servidor aos grupos de 3º ciclo de Primaria. No ano anterior empezou nesta experiencia o grupo de 5º , e no presente incorporouse o grupo de 6º. A día de hoxe a valoración en xeral é de moi satisfactoria
Tamén está contemplada no proxecto a participación directa dos pais e nais, para o que a información relativa e ampliada sobre o proxecto está á súa disposición no Portal Educativo, sobre todo no apartado específico do Espazo Abalar
Este curso a maiores o noso centro forma parte da Rede de Centros Plurilingües de Galicia, polo que a súa oferta educativa se ve modificada.
O ser Centro Plurilingüe, capacita ao noso colexio a impartir unha área non lingüística de 1º curso de Primaria, en inglés; no noso caso concreto, estase a impartir a área de Ed. Plástica. Esta oferta verase ampliada nos vindeiros cursos, incorporando ano a ano os sucesivos niveis de Primaria ata completar toda a etapa.
O feito de contar nestes derradeiros anos con dúas Seccións Bilingües nos grupos de 3º e 4º de Primaria na área de Ed. Plástica, tamén en inglés e á vista dos resultados, animounos a solicitar a nosa participación en dito programa.
Se precisa información máis detallada no relacionado a Centros Plurilingües ou Seccións Bilingües, prema nos links correspondentes
Ola a tod@s. Esta é a nosa páxina, que quere ser un medio rápido e eficaz de interrelación coa comunidade educativa e con tod@s aquel@s que estean interesad@s en nós e nas cousas que facemos. Agardamos que este espacio vos resulte útil e ameno.
CEIP Santa Rita

O pasado mércores, 12 de maio tivo lugar a presentación do proxecto "Unha nova forma de entender a biblioteca escolar" que se puxo en marcha este curso coa colaboración de ALCOA SAN CIPRIÁN.
Se queres saber algo máis sobre o proxecto, aquí tes a presentación que se proxectou no acto de presentación, e tamén tes máis fotos e os comentarios no Blog da Biblioteca accesible desde esta páxina


Se lle queredes botar un vistazo ao proxecto mirade o arquivo adxunto.