Skip to Content

Extraescolares

NOVA ORGANIZACIÓN DOS BLOGS

Ola familias!!!!

Somos conscientes do interese que tedes en ver as actividades que desarrollamos no centro, así como en participar nas mesmas. É por iso que, vendo a dificultade que supón ir ollando un a un os blogs que temos específicos de actividades, decidimos simplificalos nun só, con todas elas.

Neste blog atoparedes as de Biblio,Normalización e Extraescolares. Así de doado será dar coa información!

    Que as disfrutedes :)

 

PROXECTO TERRA

Proxecto Terra. A vista dos meus ollos.
Ola amigos/as neste curso traballamos na aula de 4º de E.P. co Proxecto Terra. Pasámolo moi ben . Mirade as cousas chulas que fixemos. Blog

.Foto1 Foto2

Cosumópolis 9

E seguimos coas novas xornalísticas. Referímonos a outra noticia que saíu en prensa relacionada con outra das actividades nas que participamos este curso, o Consumópolis.

Este é o terceiro curso en que un dos nosos equipos resulta premiado; esta vez co terceiro premio otorgado a un dos grupos de 5º de Primaria. 

 

 

 

Semana da Arte

Ola,

Como ben sabedes, este curso traballamos sobre un pintor e escultor,  Hipólito Xeada, dentro dun macroproxecto no que participan moitos centros de primaria e secundaria da Mariña, e que culminará coa visita ao CENIMA en Foz,para disfrutar dunha exposición na que se poderán ver obras de máis de 40 artistas.

Traballamos dende a Biblioteca (Bibliogaldo) para documentarnos sobre este artista e a súa obra, aprendemos e practicamos técnicas distintas,...

Tamén enlazamos o noso traballo con otros proxectos como o Comenius.

 

CARTA DA TERRA

Como xa sabedes, hoxe, 22 de abril, estamos celebramos o Día Internacional da Nai Terra. Hai xa medio século que se vén celebrando esta data. O seu promotor, o senador estadounidense Gaylord Nelson, instaurou este día coa idea de crear unha conciencia común aos problemas ambientais que estaba sufrindo a Terra nese momento, coa idea de protexela. Cincuenta anos máis tarde seguimos con esta idea, vémonos na necesidade de lembrar a importancia das nosas pequenas accións na procura dunha mellor saúde para o planeta no que vivimos. Non deberiamos esquecer a idea de que a Terra non nos pertence, e que dependerá de cada un de nós que as nosas xeracións futuras poidan medrar e desenvolverse nela dunha maneira feliz e saudable.

O vídeo móstranos unha carta da Terra dirixida a todos nós. Unha carta que reflicte o momento especial que estamos vivindo, na que, unha vez máis, a Terra nos tende a súa man á vez que nos pide que a respectemos e coidemos.

Esperamos pronto poder sentila baixo os nosos pés!

CHEGOU O ENTROIDO AO COLE!!!!!

Vídeo graduación 2017

Como xa sabedes, este pasado xoves 22, tivemos o Festival Fin de Curso.

Entre as actividades que habitualmente temos nesta cita anual, está o acto de despedida do alumnado de 6º, no que representamos unha graduación ao máis puro estilo máis universitario.

Durante a graduación podemos ver un vídeo recordatorio do paso destes nenos e nenas polo noso cole, dende infantil ata 6º. Nesta ocasión, podedes disfrutar del nesta entrada, ou ben, dende o canal Youtube do centro.

MAGOSTO 2015

O pasado venres 13 celebramos o Magosto no noso colexio.

Coma sempre, cada grupo estivo preparando un tocado moi especial para lucilo ese día, o un cestiño o similar para levar as castañas asadas e poder degustalas comodamente cos compañeiros e compañeiras de aula.

Este ano fixemos a maiores unha exposición de peóns na porta de acceso ao patio onde se podían contemplar a nosa creatividade plasmada nesles. Alí tamén estaban ao noso acceso para poder bailalos durante os recreos.

Tamén como novidade, fixemos xogos populares. Divididos en dous equipos, xogamos ao brilé, aos zancos, peóns, corda, pano, tiro de castana e tiro á rá. E os máis pequenos tamén fixeron as carreiras de sacos e a busca de castañas.

Ben, como din que unha imaxe vale máis que mil palabras, o mesmo é mellor que vexades por vós mesmos o ben que o pasamos ao tempo do que aprendemos, para iso, preme aquí

Fotos do Entroido 2014

Xa temos colgadas a maior parte das fotos do Entroido, nas que podedes ver a cada un dos grupos vestindo os traxes típicos de cada un dos países cos que temos unha relación especial: EEUU,Italia, Polonia,Rumanía,Francia, España e Galicia. Para velas só tedes que ir á Galería de Imaxes, ou ben premer aquí

Cada un dos grupos aprendeu e bailou unha danza típica de cada un dos países dos que vestía o atuendo correspondente; foi moi divertido e enriquecedor. Pola tarde, puxémonos as botas na degustación de postres típicos da celebración grazas á colaboración das familias.

En breve subiremos tamén os vídeos das danzas nos blogs correspondentes, non volo perdades!

SEGUIMOS AQUI!

Ola!

Incríble pero puidemos volver a conectarnos hoxe, así que ímos poder ensinarvos  algunha otra foto.

Tamén queremos contarvos que xa fixemos amigos, a verdade é que non se nos dá mal normalmente, asé que non nos resultou complicado. Coincidimos cun grupo de ne@s alemáns, franceses e polacos e con profes da mesma procedencia e tamén turcos. Algúns xa nos eran coñecidos porque coincidimos en Viveiro.

Estamos facendo moitas visitas: ao Concello de Janikowo, a fábricas de animais, de soda,..., ata fixemos o noso pan de xenxibre. 

Está resultando unha experiencia incríble e tamén agotadora, pero merece a pena.

Xa só nos queda o día de hoxe, pero levamos un montón de cousas que contarvos, así que vémonos o luns en clase.

Chao a tod@s!!

 

Aeroporto de Baraxas almorzando na man'a do luns 15

 

Aquí estamos almorzando en Vila Viktoria, o hostal onde nos quedamos

 

Facendo pan de xenxibre nunha panadería "medieval"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut