Skip to Content

Complementarias

BLOGS DO CENTRO

 Aínda que sabemos que tedes normalizado o contacto cos profes dos vosos fillos e fillas, cos que tedes unha comunicación fluída, así como eles están facendo o seguimento do traballo, ímos deixarvos igualmente aquí os links directos aos distintos espazos que temos habilitados:

             

   O CATAVENTOS (3º Primaria)                                                SUPER ESCOLA (4º Primaria)    

                                                                                  

            

 ESCOITA, MIRA E COMPRENDE                                                 Ed.Infantil 4 anos

 

                       

  EDUCACIÓN FÍSICA                                                                          ENGLISH CORNER 

CELEBRAMOS HALLOWEEN E SAMAÍN

Como cada ano por estas datas, o pasado xoves  tivemos un día moi particular. Logo de pasar a semana preparando o rincón de Biblioteca da entrada para que fora ao xeito, decorar as portas e crear ambiente na entrada coas cabazas decoradas que fomos traendo de casa, rematamos a semana facendo a nosa particular festa de Halloween/Samaín.

Pola mañá e seguindo as tradicións destas datas, fixemos Trick of Treat entre as clases, recitando os poemas propios en inglés; visitáronnos unha bruxas encantadoras, que dende a ANPA nos trouxeron un detalliño doce e adicamos parte da mañá a ser uns cociñeiros moi particulares, porque cada grupo elaborou un prato o máis terrorífico posible á vez que saudable para degustalo pola tarde no patio xunto co resto dos compañeiros.

Se queredes ver todo o que fixemos, podedes visitar a Galería de fotos, ou ben, premer neste vínculo que vos levará directamente a ela.

NOVIDADES!!!!

Ola a todos e todas!

Dicirvos que temos moitas novidades con respecto dos nosos blogs, sobre todo o da biblioteca, "Bibliogaldo" e o de Ed. Física e Música, "Canta e ségueme". Neles poderedes ver fotos e vídeos dos nosos traballos e celebracións, recomentacións e ligazóns a cousas moi interesentes e a material para traballo.

Só tedes que clicar neles!

Tipo de actividades

Neste apartado incluímos todas aquelas actividades que soemos ter ao longo do curso, dentro do horario escolar, e que completan dalgún xeito a nosa aprendizaxe. Normalmente son actividades fóra da aula e do entorno habitual dunha clase tradicional.

Temos xa moitas que son cita obrigada, como o Festival de Nadal, o Magosto, Halloween e Samaín, ... e outras non relacionadas con celebracións, como contacontos ou teatro en inglés.

Algunhas son:

-CIENCIA DIVERTIDA

-DÍA DA PAZ

-SAÍDA:SETAS E COGOMELOS

Se tes interese podes saber algo máis sobre elas si avanzas neste menú

Distribuir contido


by Dr. Radut