Skip to Content

Proxecto de Intercambio

Próximo destino: Spain!!

Pois si, o próximo destino é España, porque esta é a nosa última noite en Polonia.

A verdade é que estamos agotados porque os nosos amigos do colexio polaco desvivíronse por organizarnos un montón de actividades, e sacámoslles o máximo partido a todas.

Si te animas, podes botarlle un ollo a estas outras fotos que acabamos de engadir á nosa galería, para o resto delas necesitaremos tempo porque son unha chea.

Vémonos en Spain!!!!

Ola outra vez!!!

Here we are again!! Aquí estamos outra vez!!!

Estamos no noso último día en Staszow; saímos dentro de media hora para Cracow a pasar a fin de semana e ver a Gosia, lembrades?, a nosa Axudante Comenius de este curso.

Temos un montón de historias que contarvos e centos de fotos de todo o que fixemos e, por suposto, cos nosos novos amigos e amigas polacas. Como comprenderedes non temos moito tempo agora para enseñárvolas todas pero si que podedes ver un avance.

Vémonos en breve, queridos internautas!!!

Estamos en Polonia!!!

Pois si, estamos en Polonia!!

Ainda que non o pareza, esta mensaxe estámola mandando dende Polonia, para ser máis exactos, dende un sitio chamado Staszow.

Levamos moi pouquiños días aquí, pero estamos disfrutando moito da visita porque a xente de aquí é encantadora, amable, e paciente con nós; sobre todo a do cole que colabora para que isto sexa posible.

Estamos practicando o inglés que aprendemos no cole, e coma todo, ás veces enterámonos máis ca outras, pero é cuestion de intentalo e de tempo.

Aquí están as nosas primeiras fotos da aventura, procuraremos irvos informando de todas as nosas andainas.

        

Aquí estamos no cole con Lucyna               E aquí no Concello

Distribuir contido


by Dr. Radut