Pois si, estamos en Polonia!!
Ainda que non o pareza, esta mensaxe estámola mandando dende Polonia, para ser máis exactos, dende un sitio chamado Staszow.
Levamos moi pouquiños días aquí, pero estamos disfrutando moito da visita porque a xente de aquí é encantadora, amable, e paciente con nós; sobre todo a do cole que colabora para que isto sexa posible.
Estamos practicando o inglés que aprendemos no cole, e coma todo, ás veces enterámonos máis ca outras, pero é cuestion de intentalo e de tempo.
Aquí están as nosas primeiras fotos da aventura, procuraremos irvos informando de todas as nosas andainas.
Aquí estamos no cole con Lucyna E aquí no Concello