Skip to Content

O noso Cole

Colexio

Saúdos, navegante: Enviamos desde Galdo (Viveiro) un afectuoso saúdo a tódolos nosos visitantes do ciberespacio.

Galdo pertence ó Concello de Viveiro, na provincia de Lugo. Un concello do que tamén forman parte Santa María do Campo, Santiago-San Francisco, Celeiro, Covas, Landrove, Magazos, Chavín, Vieiro, San Pedro, Area-Faro, Boimente e Valcarría.
O municipio de Viveiro ocupa algo mais de 100 Km² e atravésao o río Landrove ou río Landro. Este río, na súa desembocadura, forma unha das Rías Altas de Galicia: a ría de Viveiro.
A cidade de Viveiro foi unha cidade medieval amurallada, na que se abrían seis portas e catro portelas. Actualmente só se conservan a Rúa do Muro, Porta da Vila, Porta do Valado e Castelo da Ponte ou Porta de Carlos V.
A pesar de sufri-la destrucción dos incendios (os máis graves en 1381, 1540 e 1580), da propia acción do tempo e do home, a fisonomía e o caracter mesmo do Viveiro actual aínda é, en boa medida, froito do seu pasado medieval.
Nesta pequena parroquia atópase o noso Colexio.

 



page | by Dr. Radut