Skip to Content

Taboleiro

ADMISIÓN ALUMNOS CURSO 2013-2014

Criterio complementario para a admisión de alumnos/as.

Ao abeiro do desposto no DECRETO 254/2012 e na  Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación dentro dos Criterios xerais de admisión do alumnado, apartado i) Por criterios complementarios consistentes noutras circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, acorda establecer o seguinte criterio:

 

i) Acumulación  ao punto b) Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro

Calendario escolar para o curso 2011-2012

Segundo a ORDE do 24 de maio de 2011 pola que se  aproba o calendario escolar para o curso 2011/2012 nos centros docentes sostidos con fondos públicos o calendario escolar queda como sigue: 


 Artigo 5.  Actividades lectivas  


1. No 2.º ciclo de educación infantil, na educación especial e na educación primaria, as actividades lectivas realizaranse do día 12 de setembro de 2011 ao 22 de xuño de 2012, ambos os dous inclusive.


  Artigo 6. Períodos de vacacións


  1. Nadal: desde o día 22 de decembro de 2011 ata o día 8 de xaneiro de 2012, ambos os dous inclusive. 


 2. Semana Santa: desde o día 2 ao 9 de abril de 2012, ambos os dous inclusive.


 3. Entroido: días 20, 21 e 22 de febreiro de 2012.


 Artigo 7.Días non lectivos


. 1. Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, na súa redacción dada polo Real decreto 1346/1989, do 3 de novembro (BOE do 7 de novembro) e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da dita consellería.  


2. Nos centros en que unha ou as dúas festas laborais de carácter local, ás cales serefire o punto anterior, non coincidan con días de clase, os consellos escolares, consellos sociais ou, no seu defecto, os responsables dos centros de menos de tres unidades poderán solicitar, segundo proceda, un ou dous días non lectivos, que se deberán prever na programación xeral do centro, argumentando razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica. Esta petición deberá facerse antes do día 28 de outubro de 2011, perante a xefatura territorial, que, logo de informe da Inspección educativa e dos que coide oportunos, resolverá o que proceda.


  3. Ademais dos anteriores, sen prexuízo do establecido no artigo 8.2 e co fin de unificara celebración dos patróns de cada nivel educativo, establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos e que no curso 2011/2012 se celebrará o 31 de outubro de 2011.

ADMISIÓN ALUMNOS CURSO 2011-12

NO ARQUIVO ADXUNTO QUE SE ATOPA AQUÍ DEBAIXO PODE VER A LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS ASÍ COMO O PRAZO DE RECLAMACIÓN.


 


 

Fit 4 life Project Activities-Spain

Click on the image to go to the website.

 

Fit 4 life Project Activities-Spain

Click on the image to go to the website.

 

LIBROS DE TEXTO. CURSO 23-24.

Estimadas familias, podedes descargar a lista de libros de texto para os cursos de 1º a 4º de primaria, no seguinte vínculo.

AVISO IMPORTANTE

Infórmase que este centro ten solicitados e aprobados, segundo a Orde do 25 de xuño de 2020, Art. 7, o venres 14 e o martes 18 de maio como días non lectivos. 

 

SOLICITUDES DE COMEDOR. CURSO 2020-2021

Ábrese o prazo para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2020/2021.

Instrución 2/2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, do 16 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2020-2021.

PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

-Para usuarios do comedor no curso anterior, o 2019-2020:

  • Descargar e cubrir esta solicitude e entregala presencialmente no centro, en horario de 10:00h a 13:00h, ou ben deixala no buzón da porta. Tamén se poderán obter as solicitudes no propio centro. Plazo límite: o 30 de xuño.

 

-Para novos usuarios: Terán indicacións no momento en que se formalice a matrícula (entre o 1 e o 10 de xullo)

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

 

Prazo de presentación de solicitudes ata o 19 de xuño de 2020.

 

A solicitude será única para todos os fillos matriculados no centro. 

 

Presentación de solicitudes:

 

  • Por vía electrónica a través da aplicación FONDOLIBROS (mediante Chave 365)
  • No propio centro.

 

Documentación necesaria:

  • Impreso de solicitude
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e demais membros computables da unidade familiar.

E de ser o caso:

  • Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que  enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

     

RESTABLECEMENTO DO PROCESO DE ADMISIÓN. CALENDARIO DE ACTUACIÓNS

Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2020-2021, este será o calendario de plazos neste proceso:

  • Ata o 26 de maio: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo.

  • Antes do 9 de xuño: Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.

  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

  • Ata o 26 de xuño: Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido.

  • Do 1 ao 10 de xullo: Formalización da matrícula en educación infantil e primaria.

Distribuir contido


by Dr. Radut