Servizos, Transporte, Comedor

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA PARA O COMEDOR ESCOLAR CURSO 2020-2021

 Deberá presentarse o Anexo II: Modelo de autodeclaración e especificacións. (Premer no seguinte enlace ou descargar o adxunto)

ENLACE

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR CORRECTAMENTE O ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN:

A renda neta per cápita familiar obterase como resultado de realizar os seguintes cálculos en base á declaración da renda do exercicio 2019:

1. Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible do aforro.

2. Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado da facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

casiña 435 + casiña 460 – casiña 595

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman parte da unidade familiar.

O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

 

Quen forma parte da unidade familiar

1. No caso de matrimonio, a unidade familiar está integrada polos cónxuxes non separados legalmente e:

a) Os fillos menores, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentemente destes.

b) Os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

2. En ausencia de matrimonio ou nos casos de separación legal, a unidade familiar está integrada polo pai ou pola nai e a totalidade dos fillos que convivan co pai ou coa nai e reúnan os requisitos da modalidade anterior.

 

Aclaracións para determinar correctamente a renda anual familiar

Para determinar a renda anual familiar hai que sumar as rendas obtidas por todas as persoas que integran a unidade familiar. Nesta operación poden presentarse varias situacións:

1. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben, da declaración conxunta.

2. Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF máis o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF, segundo os seus datos fiscais que deberá para realizar o cálculo dos seus ingresos, sumar os importes das casiñas 0003 (retribucións dinerarias) e 0027 (intereses) e restar os importes das casiñas 0013 (cotizacións seguridade social), 0596 (retencións procedentes do traballo) e 0597 (retencións procedentes do capital mobiliario).

3. Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que no especificado no apartado anterior para os membros que non presentase declaración do IRPF.

AXUDAS PARA O ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR

ORDE do 27 de marzo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados por esta consellería durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19, co levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (código de procedemento ED601B).

Aquí tedes un enlece á orde publicada hoxe no DOG

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200330/AnuncioG0534-270320-0001_gl.html

 

Aquelas familias que queiran solicitar esta axuda e non o fagan elas dende as súas casas, poden enviar os datos ao correo do colexio:

ceip.soutelo.montes@edu.xunta.es 

 

MENÚS PARA O CURSO ESCOLAR 2018-19

AQUÍ VOS DEIXAMOS OS MENÚS DE TODO O CURSO ESCOLAR 2018-19

PARA PODER CONSULTALOS PREMEDE SOBRE O ENLACE OU ABRIDE O ADXUNTO

 

 

MENÚS ESCOLARES 2018/19

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019.

DOCUMENTACIÓN:

Por cada fillo/a para o que se solicita o servizo de comedor, hai que presentar o Anexo II: Modelo de autodeclaración e especificacións. (Ver documento adxunto)

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRIR CORRECTAMENTE O ANEXO II MODELO DE AUTODECLARACIÓN

  • Concepto de unidade familiar

 

NO CASO DE MATRIMONIO

EN AUSENCIA DE MATRIMONIO OU EN CASO DE SEPARACIÓN LEGAL

Cónxuxes + fillos menores + fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente

Pai ou nai + fillos menores que convivan co solicitante + fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente e que convivan co solicitante.

 A maioría de idade acádase ao cumprir 18 anos.

POLO TANTO:

-Calquera outra agrupación familiar non constitúe unidade familiar.

-Ninguén pode formar parte de dúas unidades familiares ao mesmo tempo.

-O número de membros da unidade familiar realízase atendendo a situación existente o día 31 de decembro do 2017. Polo tanto, se un fillo cumprira 18 anos durante o ano, xa non formará parte da unidade familiar coma tampouco o membro que falecera durante ese período

-Nas parellas de feito só un dos seus membros (pai ou nai) poden formar unidade familiar cos fillos. O mesmo criterio é aplicable nos casos de separación ou divorcio con garda e custodia compartida.

 

  • Renda familiar anual

 

1.   Sumarase a base impoñible xeral coa base impoñible de aforro.

2.   Deste resultado restarase a cota líquida resultante da autoliquidación.

Segundo isto, a renda familiar para os efectos da autodeclaración é o resultado de facer as seguintes operacións coa declaración do IRPF:

Casiña 415 + casiña 435 – casiña 557

O resultado obtido dividirase polo número de membros que forman para da unidade familiar. O concepto de unidade familiar será o definido na normativa do IRPF.

ACLARACIÓNS:

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes, ou calquera outro integrante dela, perciben rendas e teñen a obriga de presentar a declaración anual do IRPF. Neste caso, o importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, que se obterán de cada declaración, se foron presentadas individualmente -que é o habitual- ou ben da declaración conxunta.

-Unidades familiares nas que ambos cónxuxes perciben rendas pero só un deles ten a obriga de presentar a declaración. Neste caso, a obtención do importe da renda familiar resultará das sumas e restas das casiñas indicadas, para o membro da unidade que presentase declaración do IRPF, más o importe que resulte para o outro integrante da unidade familiar que non presentou declaración do IRPF. Neste segundo caso, teranse en conta os seus datos fiscais de 2017: sumaranse os importes das casiñas 0002 (retribución dinerarias) e 0025 (intereses) e restaranse os importes das casiñas 0012 (cotización seguridade social), 0558 (retencións procedentes do traballo) e 0559 (retención procedentes do capital mobiliario).

-Cando ambos cónxuxes perciban rendas pero non teñan a obriga de presentar declaración da renda ou ben cando o cónxuxe ou os cónxuxes non perciban renda ningunha suxeita a tributación do IRPF. Nestes supostos, os interesados deberán consignar os seus datos fiscais do mesmo xeito que o especificado no apartado anterior.

A Consellería pon a disposición das familias unha aplicación para facilitar o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar, https://www.edu.xunta.es/comedores/calculadora.jsp

Distribuir contido