DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DE ED. PRIMARIA.

No DOG do 12/11/21 saíu publicada a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA

Orde do 28 de outubro de 2021

 

BENEFICIARIOS:

  1. Alumnado de Educación Primaria. 
  2. O alumnado que fose beneficiarios da axuda para adquirir material escolar no curso 2021/22 (o cheque de material de 50 euros). ESTAS FAMILIAS NON TERÁN QUE PRESENTAR SOLICITUDE, CONCÉDESELLES DE OFICIO. 
  3. Familias que non tiveron cheque de material escolar para este curso que cumpra algunha destas condicións:

            - que teñan unha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 euros (renda              correspondente ao exercicio 2019).

            - Alumnado matriculado en Educacíón Especial, ou suxeito á tutela ou garda da Xunta de Galicia ou que teñen unha discapacidade igual ou superior ao 65%, con independencia da renda da unidade familiar. 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

  • O prazo de presentación das solicitudes serán de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG (é dicir, do 15 de novembro ata o 26 de novembro).
  • As solicitudes presentaranse de maneira presencial no colexio PREVIA CITA (solicitarase por teléfono 881960653)

DOCUMENTACIÓN

  • Impreso de solicitude
  • Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e os demais membros da unidade familiar. 
  • Outra documentación acreditativa en caso de separación ou divorcio, discapacidade do alumnado, situación de violencia de xénero...

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE