Titoria Entre Iguais (TEI)

PROGRAMA TEI

No mes de outubro puxemos de novo a andar o proxecto TEI (Titoría Entre Iguais), un programa que leva no centro dende o curso 2016-17. 

Nel participa o alumnado de 3º e 5º de Primaria procurando crear redes de solidariedade no centro educativo. 

A continuación mostrámosvos as actividades que levamos realizado durante estes dous meses:

* Charlas informativas para coñecer e solicitar a participación no proxecto como titoras e titores. 

* Sesións de formación para os grupos de 3º e 5º sobre acoso escolar e resolución de conflitos.

* Presentación das parellas e tríos participantes. 

* Actividades nas titorías (inclusión, empatía, autoestima)

* Tempo de coñecerse, durante algunhas horas de ler. 

 

===========================================================

TEI 2022-23

Queremos compartir as nosas andainas no Proxecto TEI (titoría entre iguais) deste curso 2022-23. Neste programa participa o alumnado de 3° e 5° coa finalidade de axudar a tecer redes de solidariedade entre o alumnado do centro educativo e formarse en resolución pacífica e conflictos e acoso escolar.

O pasado luns 12 tivemos un acto de peche do Programa de Titoría entre Iguais. 

Neste acto entregamos diplomas de agradecemento ao labor realizado polo alumnado, vimos imaxes das actividades, recibimos unha charla sobre os valores do Rugby feminino, grazas á participación de Mariana Romero (xogadora) e Juan Pablo Chorny, director técnico do C.R.A.T. Coruña e para celebrar, tomamos algo xuntas, rapazada, profes e familias.

 Se queredes visualizar o contido en pantalla completa, tedes que premer na frecha do lado dereito abaixo. 

 

 

 

GYMKHANA TEI

O pasado mércores 19 fixemos a actividade de cohesión GYMKHANA.

 

Os titores e titorizados realizaron 10 probas nas que tiñana que colaborar e traballar en equipo. Tivemos moitísima sorte e o tempo acompañounos durante toda a actividade.

No video podedes ver un pequeno resumo da actividade que os rapaces disfrutaron e compartiron entre eles.

 

O pasamos en grande!

 

SOMOS TEI! SOMOS TEI!

Comeza o TEI 2019/20

 

Este curso comezamos o TEI con moita ilusión e ganas de facelo xenial!

 

É o primeiro curso TEI que temos máis titores que titorizados e esperamos que isto nos axude a facer mellor as actividades e consigamos un centro implicado e traballado dende os valores de empatía, integración e unión que predica o noso proxecto.

Agardando a vosa axuda e paciencia... ARRANCAMOS!

 

Campaña anti acoso

A actividade de cohesión que presentamos a continuación foi a elaboración dunha campaña contra o acoso escolar. Os participantes TEI xuntarónse na biblioteca do centro, onde viron diferentes exemplos de campañas. Unha vez organizados en parellas, prepararon carteis que colgamos polo centro. Aquí tedes a mostra do traballo.

 

Sesión Acrosport e creación de raps

alumnas realizando unha letra

 

No grupo TEI realizamos unha actividade de acrosport. O acrosport é un deporte no que os grupos executan unha figura, neste caso letras con valores positivos. A sesión foi moi divertida e realizamos figuras bastante complicadas. O primeiro foi unha presentación da actividade e despois de estudar as figuras, cun pouco de coordinación e axuda, os nenos e nenas foron realizando as estruturas.

alumnado falando nas mesas

Despois realizamos nas aulas unha sesión na que vimos unha actuación duns irmáns que escribiron un rap sobre o acoso escolar. Unha vez visionado un par de veces, realizaron unha reflexión individual, repondendo a un cuestionario e unha posta en común en pequeno grupo. Despois, escribiron o seu propio rap. Aínda que precisaron un par de días extras para pulilo e ensaiar. Aqueles que quixeron grabálo están incluidos no vídeo. Esperamos que vos guste. 

 

Actividades TEI 1º Trimestres

Este curso comezamos con moitas ganas e con moito ánimo para facer un TEI especial. É o primeiro TEI que se fai no centro no que os titores e titores xa participaron no TEI en 3º. Ao longo do primeiro trimestre fixemos moitas actividades para que os titores e titoras foran coñecéndose e que tamén, pouco a pouco, foran collendo confianza para resolver os conflitos. Aquí os deixamos os vídeos que elaboramos.

 Inicio de curso:

No inicio, empezamos traballando co alumnado que vai a titorizar, para que sepan como teñen que enfocar os conflitos e teñan claro cales son as prioridades do Proxecto TEI. Ao pouco, xa realizamos os emparellamentos, as dinámicas de presentación e tarefas de cohesión.

 

 
 
Xogos populares:

Pasado o tempo, e solucionados os primeiros conflitos, realizamos un actividade grupal de xogos populares, tivemos sorte e fixo moi bo día. Os nenos e nenas tiñan material dispoñible para xogar e ían rotando de xogo en xogo.

 

 
 

 

Na cociña...

Unha das actividades máis esperadas... A Cociña!! Nada como elaborar a comida para que esta guste máis. Organizados en grupo, os nenos e nenas cociñaron os entrantes, pratos e os postres. Todo estaba delicioso e o pasamos xenial. 

 
  
 
 
Xinkana cooperativa:

A modo de despedida do ano e darlle a benvida ás vacacións de Nadal, celebramos unha xinkana cooperativa. Ao longo da xornada, realizamos xogos cooperativos e íamos marcando as probas que íamos superando. O pasamos xenial!! Na seguinte avaliación, seguimos facenco TEI.

 

ACTIVIDADES DE AULA 5º

Resumo das actividades de aula realizadas ao longo do curso.

Traballamos para mellorar a formación dos nosos titores/as en aspectos relacionados coa EMPATÍA, INTEGRACIÓN e AUTOESTIMA.

 

Distribuir contido

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE