Sesión Acrosport e creación de raps

alumnas realizando unha letra

 

No grupo TEI realizamos unha actividade de acrosport. O acrosport é un deporte no que os grupos executan unha figura, neste caso letras con valores positivos. A sesión foi moi divertida e realizamos figuras bastante complicadas. O primeiro foi unha presentación da actividade e despois de estudar as figuras, cun pouco de coordinación e axuda, os nenos e nenas foron realizando as estruturas.

alumnado falando nas mesas

Despois realizamos nas aulas unha sesión na que vimos unha actuación duns irmáns que escribiron un rap sobre o acoso escolar. Unha vez visionado un par de veces, realizaron unha reflexión individual, repondendo a un cuestionario e unha posta en común en pequeno grupo. Despois, escribiron o seu propio rap. Aínda que precisaron un par de días extras para pulilo e ensaiar. Aqueles que quixeron grabálo están incluidos no vídeo. Esperamos que vos guste. 

 

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE