MAGOSTO 2016

Queremos compartir algunhas das imaxes do Magosto deste ano.

Comezaremos por agradecer ás avoas e avós que viñeron pasar un anaco con nós, compartindo parte da mañá e colaborando á hora de pelar castañas para os máis pequenos e, ás que nesta ocasión non puideron estar, agardamos poder velas na seguinte. Tamén agradecemos ás náis da ANPA que axudaron, como cada ano, na organización desta festa. 

 

Este ano tivemos un Magosto do máis cooperativo tanto nas actividades de primaria, como nas de infantil.

En primaria resalizouse unha xincana na que, durante 2 horas, 50 grupos mixtos con alumnado dos diferentes cursos, tivo que resolver 10 retos espallados por todo o colexio. Cada proba tiña uns 10 minutos para ser realizada, avaliada e saír correndo ao seguinte obradoiro.

O alumnado de infantil participou en 6 xogos populares. Neste caso os grupos tamén estaban formados por nenas e nenos de distinas aulas e niveis.

    

 

 

logo conselleria

ligazón abalar

  ligazón edixgal

    ligazón eva

          bibliotecas escolares

      

  ligazón programa tei

  FSE